O proxecto | Margal Ulla
- ️Wed Jan 03 2018
-
O proxecto Life+ Margal Ulla foi designado pola Sociedade Española de Malacoloxía para desenvolver as accións de difusión acerca da Margaritifera Margaritifera, no marco da sua designación como “Molusco del año 2014”
-
Portada do boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº2. Abril de 2013
-
Margaritifera
-
Margaritifera
-
Galemys pyrenaicus
-
Galemys pyrenaicus
-
Galemys pyrenaicus
-
Galemys pyrenaicus
-
Galemys pyrenaicus
-
Galemys pyrenaicus
-
Hábitat
-
Hábitat
-
Hábitat
-
Hábitat
-
Margaritifera
-
Margaritifera
Baixo a coordinación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e Augas de Galicia como beneficiarias asociadas, Margal Ulla tratará de contribuír á mellora do estado de conservación das especies sinaladas, asegurando as poboacións existentes no Ulla e establecendo as condicións máis óptimas para a recuperación das orixinais.
Para acadar este fin, desenvolveranse unha serie de accións sobre unha área que abrangue gran parte da cunca do Ulla. Con elas, preténdese ampliar a información dispoñible sobre o estado actual de conservación de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus, un coñecemento que servirá para establecer medidas eficaces de mellora do estado de conservación destas especies e do seu hábitat e deseñar estratexias de sensibilización e divulgación dos resultados do proxecto. Estes, servirán de base para estender as medidas adoptadas a outros ríos galegos e do territorio europeo nos que aínda quedan exemplares destas especies que sofren presións similares.
Cómpre destacar que a náiade e a toupa de auga son especies que necesitan medios fluviais con boa calidade ecolóxica e que o seu actual declive é debido ás presións cada vez máis acusadas que están a sufrir estes medios. É por iso que as medidas previstas neste proxecto van dirixidas a unha recuperación da funcionalidade natural dos ríos da cunca, o que favorecerá ademais a conservación dunha biodiversidade rica en endemismos cos que estas especies comparten o hábitat fluvial e mellorará os servizos que este ecosistema presta á sociedade (pesca fluvial, calidade das augas, ocio, etc...).
Ademais, é a primeira vez que se considera de maneira conxunta a conservación destas dúas especies intervindo na mellora do seu hábitat, e tamén a primeira experiencia de rexeneración das poboacións de Margaritifera margaritífera baixo condicións seminaturais e controladas en España.
O proxecto, que conta cun orzamento de 3.666.981 euros, está cofinanciado nun 49,68% polo programa LIFE+, un instrumento financeiro da Unión Europea que desde o ano 1992 promove a aplicación e desenvolvemento da política e da lexislación comunitarias en materia de medio ambiente. Margal Ulla inscríbese en concreto no ámbito temático LIFE+ Natureza e Biodiversidade, que impulsa aqueles proxectos que contribúen á conservación dos hábitats naturais e das aves silvestres e ao desenvolvemento e execución da Rede Natura 2000, co fin de frear a perda de biodiversidade no ámbito territorial da UE.
Xa podes ver o documental sobre o proxecto LIFE Margal Ulla na seguinte ligazón.