portaldaspalabras.gal

Definición da palabra: bigoteira

  • ️Wed Apr 20 2016

bigoteira

Audio 1

bigoteira substantivo feminino1 anticuado Tira de tea ou de coiro, suxeita ás orellas, que se lle poñía ao bigote para que non se descompuxese. As bigoteiras colocábanse especialmente para durmir.2 Compás pequeno en que a abertura se fixa cun parafuso. Colleu do estoxo o compás, a bigoteira e o tiraliñas.3 Reforzo que se lle pon na punta ao calzado. Ten as bigoteiras rozadas de xogar á pelota. A zapato vello, bigoteira nova. SINÓNIMOS biqueira, punteira4 Conxunto de pelos que medran sobre o labio superior. O taberneiro tiña unha bigoteira frondosa. SINÓNIMO bigote CONFRÓNTESE mostacho

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.