alfabeto | Palabra do día | Portal das Palabras
- ️Mon Sep 07 2015
Serie ordenada das letras que representan os sons dunha lingua.
Etimoloxía
Chegounos desde o latín, pero procede do grego alphabetos, -ou, formado a partir das dúas primeiras letras, alpha e beta.
Exemplos *
"Para outros, Hermes é simplemente un personaxe humano, un rei antigo, inventor das ciencias e do alfabeto, o primeiro sabio." (Mª Xosé Queizán: Amantia)
"Si, frei Chícharo, sei ler, aínda que polo de agora só no alfabeto hebraico e no grego." (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.