edu.xunta.gal

Actividades | EOI de Vilagarcía

Matrícula libre probas de certificación 2025

Convocatoria probas libres 2025

O prazo de matrícula abrangue dende o 24 de febreiro ao 12 de marzo de 2025.

No noso centro pode matricularse para realizar a probas das seguintes linguas e niveis:

Alemán Francés Galego Inglés Italiano Portugués
A2 A2 A2 A2 A2 A2
B1 B1   B1 B1 B1
  B2 B2 B2 B2 B2
  C1 C1 C1 C1 C1

  Para acceder á plataforma de inscrición prema sobre a imaxe:

Consulte o calendario de probas na ligazón aquí enriba.

As persoas inscritas nos niveis B2 e C1 de galego e inglés deberán prestar especial atención ao centro adxudicado para a realización das probas. Igualmente o alumnado con discapacidade deberá prestar especial atención á confirmación da validez do certificado acreditativo presentado coa súa solicitude, para manter a orde preferente de EOI seleccionada durante o proceso de inscrición.  No caso de que a EOI lle notifique que o certificado non é válido, ou no caso de non telo presentado, entrará no sorteo de adxudicación das prazas, xunto co resto das persoas inscritas.

Para máis información consulte os seguintes apartados:

*O alumnado CALG-CALC-CUALE e EXAMPREP ten a opción de participar tamén na convocatoria extraordinaria que pode consultar na seguinte ligazón.

Distribuir contido