SEREA - Canto, Técnica e Terapia Vocal en A Coruña
- ️Fri Sep 06 2024
"Son Paula Rey, Profesora de Canto - Vocal Coach con Máster en Logopedia... ...e este é o espazo onde quero axudarte coa túa voz"
Mis servicios
CLASES DE TÉCNICA VOCAL, CANTO, VOZ FALADA, TRABALLO CORPORAL E ASESORAMENTO.
Quero axudarche con todo o que teña que ver coa túa voz, co seu manexo, coa súa sonoridade. Traballo tanto coa voz falada coma coa voz cantada. Cal che interesaría traballar?
“A TÉCNICA AO SERVIZO DA ARTE É UN CAMIÑO CARA Á LIBERDADE” (ROSA GALINDO)
Cantar é emoción, o xeito máis visceral que temos de expresar a nosa musicalidade a través dese instrumento que todos levamos dentro, a nosa voz.
Mis clases de canto pueden ayudarte a...

XIMNASIA RESPIRATORIA
Imos adestrar os músculos que interveñen na produción do son, algo fundamental para desenvolver unha boa técnica vocal. Coa respiración traballaremos a busca de espazos, a dosificación do aire e a relaxación corporal, algo que, creme, vai ser moi importante para aprender a cantar axeitadamente.

TÉCNICA VOCAL
A miña máxima é a saúde vocal, e ter unha boa técnica, non só axudarache a cantar mellor se non que tamén poderás gozar da túa voz durante moito máis tempo.

CONTROL POSTURAL
É preciso que teñas conciencia do teu propio corpo, unha mala postura fará que cantar che resulte máis difícil, así que é algo que teremos que vixiar dende o primeiro día.

CANTAR
E si, o máis importante de todo é que te vou ensinar a cantar e a gozar da música ao teu xeito, a arte e cousa túa.
Logopedia
“A VOZ É UN COMPENDIO DO QUE SOMOS E O QUE SENTIMOS” (CARMEN TULÓN ARFELIS)
Ao falar non só nos comunicamos, expresamos o que somos en esencia, as nosas emocións, os nosos pensamentos. É importante coidar a nosa voz, xa que así nos coidaremos a nós mesm@s.
Mis sesiones de logopedia pueden ayudarte a...

PREVENCIÓN
Ter unha voz sa vai facer que te sintas ben e con máis enerxía. Se sintes que forzas ao falar, e tes malestar, isto pódeche interesar xa que te darei pautas e exercicios para que adestres e coides a túa voz. A saúde vocal é o meu obxectivo.

REHABILITACIÓN VOCAL
Se tes problemas de voz, como disfonías, nódulos, etc. ou te operaron das cordas vocais e necesitas rehabilitación, a través da Terapia vocal farei que a túa voz volva estar en forma para que poidas volver gozar do pracer de cantar ou de falar sen facerche dano.

PROFESIONALIZACIÓN
É importante saber como usar a voz, como proxectala para que todo o mundo a escoite e de paso non te cansar no proceso. Atención profesionais da voz, mestr@s, locutor@s, actores, actrices, conferenciantes, etc. pódovos axudar.

FALAR
E si, ensinareite a falar correctamente para que non che fagas dano, a modular para que se che entenda mellor e a proxectar para que a túa voz corra libremente e sen esforzo.
PAULA REY: SEREA - CENTRO DE TERAPIA E TÉCNICA VOCAL
Sobre mí, Paula Rey...
Ola, son Paula Rey Torreiro.
Toda a miña vida estivo ligada á música. A voz sempre me resultou o mellor instrumento para expresarme. O interese por aprender música e todo o que tivese que ver con cantar levoume a querer estudar Canto; e foi aí, onde emprendín un longo camiño cheo de experiencias, tanto de formación como profesionais, que me levaron ata onde agora estou.
Co tempo, a miña curiosidade sobre o funcionamento da voz, levoume a novas vías de aprendizaxe. A técnica que durante tantos anos empreguei para o meu desenvolvemento artístico, o coñecemento do seu uso axeitado, resultou ser unha poderosa ferramenta sanadora. Ferramenta que está ao alcance de calquera. Decateime de que a través do canto e a música podo mellorar a calidade vocal daquelas persoas cuxas profesións estean directamente relacionadas co uso da voz. Así cheguei a realizar un Máster en Logopedia, formándome mellor no que é o mecanismo físico da voz. Grazas a isto descubrín unha nova paixón: a de axudar á xente a empregar correctamente a súa voz, para así gañar en calidade de vida. Desta paixón nace o Centro Serea, un espazo para pór á vosa disposición os meus coñecementos e a miña experiencia.
Formación académica
Titulada en Canto polo Conservatorio Profesional nº2 de Valencia – Instrumento Canto ca profesora Pilar Páez. Diplomada en Maxisterio na especialidade de educación musical pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster de Logopedia – Rehabilitación dos trastornos da linguaxe e da fala pola Universidade Vic de Barcelona. Colexiada polo Colexio de Logopedas de Galicia co número 15/0427.
Curso Certificado polo Colexio de Logopedas de Galicia’ABC dos Exercicios para a Rehabilitación Vocal’ impartido porAndreu Sauca.Curso Certificado polo Colexio de Logopedas do País Vasco’ De la Voz Cantada a la Voz Hablada. Ejercicios de Restauración de la Voz’ impartido por Nora Milito Spoturno. Curso de ‘Corpo – Voz – Movementeo e Articulación. Optimización do filtro vocal’ impartido pola Logopeda e PedagogaInés Bústos Sánchez.
O longo de varios anos compaxinei a miña formación vocal en numerosos cursos e encontros de canto coa miña experiencia profesional. Estudei un ano en Austria coa profesora catedrática da Escola de Canto de Viena, Helena Lazarska. Así como tamén realicei cursos impartidos pola profesora de Canto do Conservatorio Superior de Valencia Ana Luisa Chova na Universidade do País Vasco, entre outros. Destacando nomes como o da repertorista Husan Park, David Menéndez ou a profesora de canto Gloria Fabuel, cas que tiven o gusto de estudar ó longo da miña estancia en Valencia.
Completei a miña formación coa profesora doutorada Diana Somkhieva.
Cursei en setembro do 2018 os Cursos ‘Estill Voice Training System Nivel 1: Figures for Voice Control’ e ‘Estill Voice Training Nivel 2: Figure Combinations for six voice Qualities’ con Viv Manning en Eòlia Escola Superior de Arte Dramático, en Barcelona.
Vocalista do grupo de música Luar Na Lubre dende 2011 – 2017.
...Mi centro en A Coruña
Da necesidade de crear un espazo propio, nace o Centro Serea. O obxectivo é que te sintas cómodo mentres traballamos. En definitiva, un espazo acolledor onde non haxa interrupcións, nin distraccións. Unha contorna cálida e agradable preparada acústicamente para que poidas desenvolver a túa voz con liberdade.
Nº Rexistro Sanitario: C – 15 – 004037
Cómo trabajo
Primeiro deberíamos coñecernos ben. Fálame de ti. Que é o que buscas? Que te gustaría atopar nas miñas clases e sesións? A miña prioridade é adaptarme ás túas necesidades, ao teu ritmo, en definitiva, adaptarme a ti. Xuntos poñerémonos ao choio.
ATENCIÓN PERSONALIZADA
METODOLOXÍA FLEXIBLE
ENTORNO ACOLLEDOR
ASESORAMIENTO
Mi Blog

A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN VOCAL
A voz acompáñanos durante toda a vida e poucas veces nos paramos a observar como a empregamos. O traballo coa voz non só pertence ao sector do canto ou do teatro/cine. Anímote a que te preguntes: Empregas a voz no teu traballo?

COMEZAMOS NOVO CURSO NO CENTRO SEREA
Queredes botar unha ollada rápida ao Centro SEREA? Aquí vos deixamos un pequeno video promocional.

RESPIRAR, CANTAR, FALAR
Tod@s sabemos que é a respiración, sabemos respirar, senon non estariamos viv@s. Preguntémosnos entón: Que significa respirar ben? Como realizamos a nosa respiración? e que uso ten a parte de proporcionar osíxeno aos nosos pulmóns?

4 consellos que te axudarán a coidar a tua voz
Que facer cando o resfriado aparece e castiga a túa voz? Preséntovos unhas pequenas pautas a seguir que axudarán a túa voz a porse outra vez en forma!
Utilizamos cookies propias y de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas su uso.