Écija - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | ||
---|---|---|
| ||
Estado | España | |
Comunidade autónoma | Andalucía | |
Provincia | Provincia de Sevilla ![]() | |
Capital | Écija (en) ![]() ![]() | |
Poboación | ||
Poboación | 39.500 (2024) ![]() | |
Xeografía | ||
Parte de | ||
Superficie | 976 km² ![]() | |
Altitude | 100 m ![]() | |
Comparte fronteira con | ||
Datos históricos | ||
Precedido por | ||
Santo padrón | Paulo de Tarso ![]() | |
Organización política | ||
• Alcalde ![]() | Ricardo Gil-Toresano Riego (en) ![]() ![]() | |
Identificador descritivo | ||
Código postal | 41400 ![]() | |
Fuso horario | ||
Código INE | 41039 ![]() | |
Outro | ||
Irmandado con | ||
Sitio web | ecija.es ![]() | |
![]() |
Écija[1] é un concello da provincia de Sevilla, sita a 95 km da capital hispalense, no interior da comunidade autónoma de Andalucía. Pertence á comarca homónima. Consonte o censo de 2005, Écija tiña unha poboación de 38.911 habitantes, sendo a quinta cidade máis populosa da provincia. O río Genil, principal afluente do Guadalquivir, atravesa o seu núcleo urbano.
As primeiras testemuñas arqueolóxicas permiten supor que o primitivo asentamento de Astigi, estivo situado, no actual Cerro de San Gil ou do Alcázar, en época tartesa.
Arredor do 14 a.C., en época de Augusto, fundouse xunto a ese lugar a Colonia Augusta Firma Astigi, que fora capital dun dos catro conventos xurídicos da provincia romana da Bética e unha das máis importantes cidades de Hispania. Ademais da súa importancia estratéxica sobre a Vía Augusta e á beira do río Genil, na época denominado Singilis, antigamente navegábel até a cidade, Astigi posuía a preeminencia no sistema de produción e exportación a longa distancia do aceite de oliveira por todo o Imperio romano.
Entre o século V e o século XI, Astigi foi sé dun bispado, desaparecido en medio da dominación islámica do Al-Andalus.
Durante o período andalusí o seu nome evolucionou para Istiya ou Astiya. Un dos sobrenomes árabes da Écija andalusí era Madinat al-qutn, "a cidade do algodón". Desta época data o recinto amurallado, con torres albarranas á maneira das fortificacións almohades.
A conquista castelá da cidade foi efectuada por Fernando III en 1240. Tras a conquista instaláronse en Écija numerosas e ilustres familias castelás. A fertilidade da comarca e a súa nova posición, fronteiriza co reino de Granada, impulsaron un notábel desenvolvemento económico e social.
O rei Henrique III concedeulle carta foral en 1402. Os primeiros gremios organizáronse a partir do século XVI e atinxen o seu máximo esplendor no século XVIII.
O seu desenvolvemento económico reflíctese na gran cantidade de construcións relixiosas e civís comprendidas entre os séculos XII e XVIII. O XVIII é considerado o "século de Ouro ecijano", debido a súa riqueza económica e artística. A cidade foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no ano 1966.
- ↑ Tanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma
- ↑ Excmo. Ayuntamiento de Écija (1988). Actas del I Congreso sobre historia de Écija. Tomo I. ISBN 84-87165-05-2.