A.S. Roma - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AS Roma»)
Roma | |||
---|---|---|---|
Nome | Associazione Sportiva Roma | ||
Fundación | 22 de xullo de 1927 (97 anos) | ||
Estadio | Stadio Olimpico, Roma, Italia | ||
Inauguración | 1930 | ||
Capacidade | 72 698 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Serie A | ||
2023/24 | 6º | ||
Na rede | |||
http://www.asroma.it/ | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
| |||
A Associazione Sportiva Roma é un club de fútbol de Italia, radicado na cidade de Roma na rexión do Lacio. Fundouse en 1927, participou permanentemente na máxima categoría do fútbol italiano dende a creación desta, ausentándose unicamente na tempada 1951-52.
Até o momento, a Roma consagrouse campión da Serie A italiana en 3 ocasións, ademais de adxudicarse a Copa de Italia en 9 ocasiónss. A nivel internacional, conquistou a Copa de Feiras na tempada 1960-61 e alcanzou a final da Copa de Europa en 1983-84 e da Copa da UEFA en 1990-91.
Exerce como local no Stadio Olimpico di Roma, o cal comparte co seu tradicional rival SS Lazio. Cunha capacidade de 81 903 espectadores é o segundo estadio con maior capacidade en Italia, só por detrás do Estadio Giuseppe Meazza de Milán, e está considerado, segundo os parámetros da UEFA, como un reduto de 5 estrelas.
Foi elixido catro veces pola IFFHS como o Mellor equipo do mundo do mes.[1]