Abdera - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | ||
---|---|---|
| ||
Creación | século VII a. C. ![]() | |
Sitio arqueolóxico catalogado de Grecia | ||

Abdera (en grego antigo Ἄϐδηρα), foi unha cidade grega da antiga Tracia, na foz do río Nestos, no mar Exeo. Na actualidade está en ruínas.
A súa fundación mítica atribúese a Heracles, aínda se ben en orixe foi unha colonia de Clazomenas fundada no 656 a. C.. Esta primeira colonización entra en devalo axiña ata que no 544 a. C. a maioría da poboación de Teos migrou aquí para escapar dos persas.
A cidade comeza a declinar a partir de mediados do século IV a.c. e foi abandonada na época do Imperio Otomán.