Afonso I de Aragón - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Afonso I.
Afonso I de Aragón, o Batallador, nado en 1073 e finado en Poleñino (provincia de Huesca) o 7 de setembro de 1134, foi un nobre aragonés, rei de Rei de Aragón e Pamplona entre 1104 e 1134.
Fillo de Sancho Ramírez (rei de Aragón e de Pamplona entre 1063 e 1094) e de Felicia de Roucy, ascendeu ao trono cando morreu o seu medio irmán Pedro I.
Fíxose chamar entre 1109-1114 «Rei e Emperador de Castela, Toledo, Aragón, Pamplona, Sobrarbe e Ribagorza». Emperador, amparado na teoría política que concede o imperio ao que domina tres ou máis reinos.
Á súa morte, e no que é un dos episodios máis controvertibles da súa vida, legou os seus reinos ás ordes militares, o que non foi aceptado pola nobreza, que elixiu o seu irmán Ramiro II o Monxe en Aragón e a García Ramírez o Restaurador en Navarra, dividindo o seu reino.
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Pedro I |
![]() Rei de Aragón 1104 - 1134 |
Sucedido por Ramiro II |
Rei de Pamplona 1104 - 1134 |
Sucedido por García Ramírez | |
Outros títulos Nobiliarios | ||
Precedido por Beatriz |
Rei consorte de Galicia 1109 - 1111 |
Sucedido por Berengaria de Barcelona |
Rei consorte de León 1109 - 1114 | ||
Rei consorte de Castela 1109 - 1114 | ||
Rei consorte de Toledo 1109 - 1114 | ||
Títulos Honoríficos | ||
Precedido por Afonso VI |
Emperador de toda Hispania 1109–1114 (con Urraca) |
Sucedido por Descoñecido |