Aichi B7A - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aichi B7A Ryusei | |
---|---|
![]() B7A Ryusei | |
Tipo | bombardeiro en picado, torpedeiro |
Fabricante | Aichi Kokuki |
Primeiro voo | maio de 1942 |
Retirado | setembro de 1945 |
Principais usuarios | Servizo Aéreo da Armada Imperial Xaponesa |
Produción | 1941 - 1945 |
Unidades construídas | 114 |
O Aichi B7A Ryusei (estrela fugaz) foi un bombardeiro en picado e torpedeiro xaponés usado durante a segunda guerra mundial. Foi deseñado segundo un requirimento de 1941 para substituír o torpedeiro B6N e o bombardeiro en picado D4Y. O seu prototipo voaría por primeira vez en maio de 1942. A súa produción rematou en maio de 1945 ao ser destruída a súa fábrica durante un terremoto.