Alma Viva - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alma Viva | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Alma Viva |
Director | Cristèle Alves Meira |
Produtor | Pedro Borges Gaëlle Mareschi Sébastien Delloye Raquel Morte |
Guión | Cristèle Alves Meira Laurent Lunetta |
Música | Amine Bouhafa |
Fotografía | Rui Poças |
Montaxe | Pierre Deschamps |
Estudio | Entre Chien et Loup Fluxus Films Midas Filmes |
Distribuidora | Tandem |
Estrea | 2022 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Alma Viva é un filme portugués-francés de 2022 por Cristèle Alves Meira. Foi escollido como candidato de Portugal para o Óscar ao mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Como todos os veráns, a pequena Salomé volve á aldea familiar das montañas portuguesas para pasar as vacacións. Porén, a súa amada avoa morre de súpeto. Mentres os adultos están ocupados polo funeral, Salomé é perseguida polo espírito da que se pensaba que era unha bruxa.
- Lua Michel como Salomé
- Ana Padrão como Fatima
- Jacqueline Corado como Aida
- Ester Catalão como avó
- Duarte Pina como tía Dantas
- Arthur Brigas como tío Joaquim
- Catherine Salée como Cathie
- Martha Quina como Gracinda
- ↑ ""Alma Viva" representa Portugal nos Oscars". C7nema. 19 de setembro de 2022. Consultado o 19 de setembro de 2022.