Alois Alzheimer - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1864 ![]() Marktbreit, Alemaña ![]() |
Morte | 19 de decembro de 1915 ![]() Wrocław, Polonia ![]() |
Causa da morte | Febre reumática ![]() |
Lugar de sepultura | Old Jewish Cemetery (en) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Würzburg Universidade de Tubinga Universidade Humboldt de Berlín ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Psiquiatría e neuropatologia (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | psiquiatra, profesor universitario, neurólogo, neurocientífico, neuropathologist (en) ![]() ![]() |
Empregador | Universidade de Breslau Universidade de Múnic ![]() |
Membro de | Silesian Society for Patriotic Culture (en) |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Obálky knih, ![]() Medvik >>>:Alzheimer, Alois, 1864-1915, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fb/Alois_Alzheimer_002.jpg/220px-Alois_Alzheimer_002.jpg)
Alois Alzheimer, nado en Marktbreit (Baviera) o 14 de xuño de 1864 e finado en Breslau o 19 de decembro de 1915, foi un psiquiatra e neurólogo alemán.
Alzheimer identificou por vez primeira os síntomas do mal que despois se coñecería como alzhéimer. Observounos nunha paciente que viu en 1901, e publicou en 1906 os descubrimentos que fixo ao examinar post mórtem o seu cerebro.
Alzheimer estudou nas universidades de Tubinga, Berlín e Würzburg, onde se licenciou en Medicina en 1887. Ao ano seguinte estivo cinco meses asistindo a enfermas mentais, antes de ocuparse dunha consulta nun asilo mental de Frankfurt. Alí coñeceu ao neurólogo Franz Nissl (1860-1919). Gran parte do traballo de Alzheimer en patoloxía cerebral baséase no método de Nissl, que consistía nunha tintura de prata das seccións histolóxicas.
Foi cofundador e copublicador da revista Zeitschrift für die gesamte Neurologie und Psychiatrie. Non escribiu ningunha obra en solitario.
En decembro de 1915 Alzheimer enfermou durante unha viaxe en tren a Wrocław. Probablemente afectoulle unha infección de estreptococo que lle provocou febre e insuficiencia renal. Morreu aos 51 anos dun ataque ao corazón.