Anhalt - Wikipedia, a enciclopedia libre
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Capital | Dessau ![]() | ||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Creación | 1806 ![]() | ||
Disolución | 1918 ![]() | ||
Anhalt foi un antigo estado alemán que se formou no século XIII ao separarse do ducado de Saxonia, posteriormente o estado dividiuse en varios principados. En 1570 Anhalt uniuse de novo e así permaneceu ata 1603, cando de novo se volve a fragmentar e non sería ata 1863 cando se volvan a unir formando o Ducado de Anhalt que tiña como capital Dessau, consistía en dúas grandes extensión de territorio separados pola provincia prusiana de Saxonia e cinco enclaves:Alsleben, Muhlingen, Dornburg, Goednitz e Tilkerode-Abberode rodeados por territorio prusiano. En 1918 coa proclamación da República de Weimar, Anhalt aboliu a monarquía e converteuse no Estado Libre de Anhalt. Despois da Segunda guerra mundial uniuse á Saxonia prusiana para formar Saxonia-Anhalt disolto en 1952 e volto a crear en 1990 coa unificación de Alemaña.