Annam - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | ||
---|---|---|
| ||
Capital | Huế ![]() | |
Poboación | ||
Relixión | Mahayana ![]() | |
Datos históricos | ||
Creación | 1884 ![]() | |
Disolución | 1949 ![]() | |
Moeda | Piastra da Indochina Francesa ![]() | |
![]() |
Annam é unha rexión do centro de Vietnam.

Annam foi ocupado por Francia a xeito de protectorado en 1874, e pasou a formar parte da Indochina Francesa desde 1883 ata 1945.
A rexión foi xestionada por autoridades francesas e vietnamitas ata 1949, cando pasou a formar parte do novo estado independente de Vietnam.
A pesar de numerosos levantamentos nacionalistas, os franceses mantiveron o seu control sobre o territorio vietnamita. Na década de 1930, o partido comunista indochino, liderado por Nguyen Ai Quoc, o futuro Ho Chi Minh, organizou á súa vez insurreccións, duramente reprimidas.
Nacionalistas moderados vietnamitas e o emperador Bao Dai tratan de conseguir unha maior autonomía a través de negociacións cos franceses, pero non tiveron éxito.
En 1945, o Xapón, que ocupaba a Indochina francesa desde 1940, desmantelara o aparato colonial francés para tomar o control do territorio. Porén, a rendición xaponesa, poucos meses despois, permitiu que a fronte nacionalista Viet Minh, liderada polo partido comunista de Ho Chi Minh, chegara ao poder durante a revolución de agosto. Os franceses fracasan pouco a pouco na súa pretensión de recuperar o control de Indochina; Ho Chi Minh, cuxo poder era aínda moi débil, intenta a vía da negociación, pero as conversacións estáncanse e, a finais de 1946, o conflito leva á guerra de Indochina.
Os franceses reorganizan o país, unificando os tres territorios (Tonquín, Annam e a Cochinchina) dentro do Estado de Vietnam (Quốc gia Việt Nam) liderado por Bao Dại. Porén, o apoio da China permitiu ao Viet Minh tomar vantaxe militar. Despois da derrota na batalla de Dien Bien Phu, os franceses renuncian a continuar un conflito que non podían gañar e, durante os acordos de Xenebra de 1954, recoñecen a independencia do país.
Máis tarde, durante a Guerra de Vietnam, o Annam sería dividido entre o Vietnam do Norte e o do Sur.
Finalmente, finalizada a guerra en 1975 coa vitoria do Norte, ao ano seguiente o país unificouse na República Socialista de Vietnam baixo un réxime comunista.