gl.wikipedia.org

As Somozas, As Somozas - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: As Somozas.

As Somozas

Igrexa de Santiago Seré

ConcelloAs Somozas[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°32′06″N 7°56′37″O / 43.535, -7.9435
Poboación587 hab. (2019)
Entidades de poboación61[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago Seré das Somozas[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 575 habitantes (277 mulleres e 298 homes) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 644 habitantes.

Coa reforma parroquial da diocese de Mondoñedo de 1895 constituíronse as novas parroquias das Enchousas e Seixas, segregándose das Somozas.[2]

  • Igrexa de Santiago Seré das Somozas, do século XVIII, de estilo barroco. Planta rectangular, con tres naves. Destacan na parte posterior dos muros do presbiterio os xabarís e escudos, símbolos dos Andrade.
  • Escola Aurora das Somozas, localizada na Garita, construída a principios do século XX polos emigrantes en Cuba, foi escola até a Guerra Civil.
  • Lugar da Igrexa

    Lugar da Igrexa

  • Fonte na vila

    Fonte na vila

  • Paseo fluvial

    Paseo fluvial

  • Ermida de San Isidro no lugar da Agraxoiba

    Ermida de San Isidro no lugar da Agraxoiba

  • Ermida de Nosa Señora de Francia no lugar do Campo

    Ermida de Nosa Señora de Francia no lugar do Campo

Lugares da parroquia das Somozas no concello das Somozas (A Coruña)

Abeledo | Agra | A Agraxoiba | Os Avosendos | A Baiuca | A Barreira | O Campo | Carballeira | Cardeira de Meroi | Cargas | A Casanova | Castelo | Cerdeira de Cabalar | Chao de Abaixo | Chao de Arriba | As Cortiñas | O Coto de Salas | O Coto | Coucixoso | Escalo | A Ferraría | Fontelo | Fonticova | O Foxo | A Fraga | A Garita | Gradaílle | Gradoi | Guntille | A Igrexa | Loureiros | O Machuco | Martinga | Meroi | Moimento | Montecalvo | A Nogueira | Os Novás | A Pallota | Parañoi | Pastoriza | Penela | O Pereiro | Poelle | A Pradanova | A Pradavella | A Queira | A Ramisqueira | O Rego | San Roque | Sansidro | Santo Estevo | O Seixidal | Suarriba | Sueiras | Teixeiro | Tiquión | A Torre | Trigal | Vilachave | Xibarido

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Somozas

As Enchousas (San Pedro) | Recemel (Santa María) | Seixas (Santa María) | As Somozas (Santiago Seré)