gl.wikipedia.org

Bacteroidetes - Wikipedia, a enciclopedia libre

  • ️Thu Nov 17 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bacteroidetes

Cultivo de Bacteroides sp..
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Bacteroidetes
Clases

As Bacteroidetes (sinónimo Bacteroidota) son un filo de bacterias composto por tres grandes clases de bacterias gramnegativas, non formadoras de esporas, anaeróbicas, e con forma de bacilos, que están amplamente distribuídas no ambiente, e que aarecen no solo, sedimentos, mares e nos intestinos e pel dos animais.

Con diferenza, a clase Bacteroidia é a mellor estudada deste filo, e inclúe os xéneros Bacteroides (un organismo abundante nas feces dos animais de sangue quente, incluídos os humanos), e Porphyromonas, que habitan na cavidade bucal humana. A clase actual Bacteroidia antes foi chamada formalmente Bacteroidetes xa que ata hai pouco era a única clase do filo (nese caso coinciden os nomes do filo e a clase), pero o nome foi cambiado no cuarto volume do Bergey's Manual of Systematic Bacteriology.[1]

Membros do xénero Bacteroides son patóxenos oportunistas. Os membros das outras dúas clases raramente son patóxenos para os humanos.

O investigador Jeffrey Gordon e os seus colegas descubriron que os homes e os rtos obesos tiñan unha flora intestinal cunha baixa porcentaxe de Bacteroidetes e relativamente maior cantidade de bacterias do grupo Firmicutes. Porén, non están seguros se os Bacteroidetes preveñen a obesidade ou se esta flora intestinal é simplemente seleccionada preferencialmente nas condicións intestinais dos que non están obesos.[2][3][4]

Este filo agrúpase ás veces con Chlorobi, Fibrobacteres, Gemmatimonadetes, Caldithrix e o grupo mariño A para formar o grupo FCB ou superfilo. Na clasificación alternativa proposta por Cavalier-Smith, este taxon é unha clase do filo Sphingobacteria.

No cladograma móstrase a toxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [5] e no NCBI (National Center for Biotechnology Information) [6] e a filoxenia está baseada en datos do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.[7]

Notas
♠ Liñaxes atopadas no NCBI pero non na LPSN.
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, porque non se poden cultivar ou duran pouco.

  1. Krieg, N.R.; Ludwig, W.; Whitman, W.B.; Hedlund, B.P.; Paster, B.J.; Staley, J.T.; Ward, N.; Brown, D.; Parte, A. (November 24, 2010) [1984(Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Bacteroidetes, Spirochaetes, Tenericutes (Mollicutes), Acidobacteria, Fibrobacteres, Fusobacteria, Dictyoglomi, Gemmatimonadetes, Lentisphaerae, Verrucomicrobia, Chlamydiae, and Planctomycetes. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology (en English) 4 (2nd ed.). New York: Springer. p. 908. ISBN 978-0-387-95042-6. British Library no. GBA561951.
  2. Ley R, Bäckhed F, Turnbaugh P, Lozupone C, Knight R, Gordon J (2005). "Obesity alters gut microbial ecology". Proc Natl Acad Sci USA 102 (31): 11070–5. PMC 1176910. PMID 16033867. doi:10.1073/pnas.0504978102.
  3. Ley R, Turnbaugh P, Klein S, Gordon J (2006). "Microbial ecology: human gut microbes associated with obesity". Nature 444 (7122): 1022–3. PMID 17183309. doi:10.1038/4441022a.
  4. Turnbaugh P, Ley R, Mahowald M, Magrini V, Mardis E, Gordon J (2006). "An obesity-associated gut microbiome with increased capacity for energy harvest". Nature 444 (7122): 1027–31. PMID 17183312. doi:10.1038/nature05414.
  5. J.P. Euzéby. "Bacteroidetes". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 4 xullo 2012.
  6. Sayers; et al. "Bacteroidetes". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 4 xullo 2012.
  7. 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 2011-11-17.