gl.wikipedia.org

Basílica de San Marcos - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Basílica de San Marcos
Tipocatedral, basílica menor e atracción turística Editar o valor en Wikidata
EpónimoMarcos o Evanxelista Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura románica e arquitectura bizantina Editar o valor en Wikidata
DiocesePatriarcado de Veneza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 45°26′04″N 12°20′23″L / 45.4344, 12.3397
PaísItalia
RexiónVéneto
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Venecia
ConcelloVenecia
ConcelloVenecia-Murano-Burano Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSan Marco e centro histórico de Venecia Editar o valor en Wikidata
RúaPraza de San Marcos Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación828 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Anchura62,5 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude76,5 m Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
ArquitectoDomenico I Contarini Editar o valor en Wikidata
Dedicado aMarcos o Evanxelista Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
DistinciónsRosa de Ouro Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1987 (11ª Sesión)
Composto por
Campanário de São Marcos (pt) Traducir, Pediment St. Mark's Basilica (en) Traducir, Slabs of Christ and the Four Evangelists (en) Traducir, Gate of Flowers (en) Traducir e Facades of St. Mark's Basilica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBbasilicasanmarco.it Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A basílica de San Marcos é a máis famosa das igrexas de Venecia e un dos exemplos máis coñecidos de arquitectura bizantina. Situada na praza de San Marcos e conectada co palacio do Dogo, é a sé do patriarcado de Venecia, nome do arcebispado de Venecia desde 1807.

A súa construción iniciouse en 828 para gardar o corpo de San Marcos, traído desde Alexandría. Destruída polo lume nun motín no 975, reconstruíuse no século XI por arquitectos e obreiros de Constantinopla. As obras iniciáronse probablemente en 1063, e o novo templo foi consagrado dez anos despois. Foi modificada nos séculos XIII, XV e XVII.

A igrexa presenta unha planta de cruz grega, baseada nos exemplos de basílica de Santa Sofía e da basílica dos Apóstolos, ambas en Constantinopla. Posúe un coro elevado por riba da cripta. A planta do interior consiste en tres naves lonxitudinais e tres transversais. Un baldaquino cobre o altar principal, con columnas decoradas con relevos do século XI. O retablo é a famosa Pala d'Oro - un traballo feito en metal bizantino de 1105. Por tras do altar principal hai un segundo altar con columnas de alabastro. Os cercados do coro, enriba dos que hai tres relevos de Sansovino, mostran unha obra de marquetería de Fra Sebastiano Schiavone. Os dous púlpitos de mármore da nave están decorados con estatuíñas dos irmáns Massegne (1394).