Blas Infante - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() (1914) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Blas Infante Pérez de Vargas ![]() 5 de xullo de 1885 ![]() Casa Natal de Blas Infante, España (en) ![]() ![]() |
Morte | 11 de agosto de 1936 ![]() Sevilla, España ![]() |
Causa da morte | ferida por arma de fogo ![]() |
Educación | Universidade de Granada ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, xurista, escritor, xornalista ![]() |
Partido político | Partido Republicano Democrático Federal ![]() |
Interesado en | Joaquín Costa Martínez ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/05/Blas_Infante_Tiles.jpg/150px-Blas_Infante_Tiles.jpg)
Blas Infante Pérez de Vargas, nado en Casares (Provincia de Málaga) o 5 de xullo de 1885 e finado en Sevilla o 11 de agosto de 1936, foi un político andaluz, considerado oficialmente polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento de Andalucía como o "Pai da Patria andaluza",[1] por ser o máximo ideólogo do nacionalismo andaluz.
O seu pai, Luís Infante Andrade, licenciado en Dereito, foi secretario do Xulgado de Casares, e a súa nai, Ginesa Pérez de Vargas, viña dunha familia de labradores de clase media. Estuda o bacharelato nos Escolapios de Archidona ata 1899. A familia Infante pasou polos apuros comúns dos andaluces do 1898, a crise económica da perda de Cuba e Filipinas tralos gastos da guerra sacode con forza. Blas ten que deixar a escola por motivos económicos e remata o bacharelato por libre.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Blas_Infante_Archidona.jpg/150px-Blas_Infante_Archidona.jpg)
Desde 1900 traballa como escribano no Xulgado de Casares, ó tempo que estuda na Facultade de Dereito da Universidade de Granada á que viaxaba en xuño e setembro para examinarse como alumno libre. Finaliza a carreira en 1906.
Tras aprobar as oposicións en 1909, exerce como notario en Cantillana (Sevilla) a partir de 1910, o que aproveita para entrar en contacto co ambiente intelectual sevillano e coas ideas políticas rexionalistas, especialmente cos membros do ateneo sevillano. Reforza o seu coñecemento das xentes de Andalucía exercendo a súa función de notario noutras localidades como Isla Cristina durante os anos 20.
Ó poder observar o estado dos xornaleiros andaluces queda fortemente impresionado, chegando a escribir anos máis tarde:
Yo tengo clavada en la conciencia desde la infancia la visión sombría del jornalero. Yo le he visto pasear su hambre por las calles del pueblo.
- ↑ O Parlamento de Andalucía aprobou de xeito unánime en 1983 que no Preámbulo do Estatuto de Autonomía para Andalucía, se recoñecera a Blas Infante como «Pai da Patria Andaluza». Recoñecemento que é revalidado na reforma do Estatuto de Autonomía, sometida a Referéndum popular o 18 de febreiro de 2007.