Brega - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brega é un xénero musical popular brasileiro. O termo, orixinalmente considerado de carácter pexorativo e discriminatorio, foi sendo incorporado e asumido, perdendo gradualmente co tempo este significado.
Historicamente, os maiores cantantes do lexítimo xénero brega están no nordeste brasileiro, sendo o pernambucano Reginaldo Rossi e o cearense Falcão, dous dos seus maiores representantes na actualidade, sendo que o último segue unha liña de brega humoristico.
Eventualmente, aínda se confunde o brega con outros ritmos que posúen en común con el a característica do romanticismo excesivo, como o pagode moderno, porén sen conservar as características propias do auténtico brega.