Cóbado - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cóbado | |
---|---|
Cóbado dereito | |
![]() | |
Articulación do cóbado esquerdo, mostrando ligamentos colaterais anterior e ulnar | |
Latín | articulatio cubiti |
Gray's | pág.321 |
MeSH | Elbow+joint |
En anatomía, o cóbado[1] é unha articulación do membro superior. Artella tres ósos: úmero, radio e cúbito. Funcionalmente permite movementos de flexión e extensión.
- Úmero: cóndilo umeral, canle cóndilo-troclear e tróclea.
- Radio: cavidade e rebordo glegnoideo.
- Cúbito: apófise coronoide e olecraniana. Tamén cavidades sigmoides maior e menor.
- Articulación umerocubital: é a articulación establecida entre o cóndilo e canle cóndilo-troclear umerais e a cavidade e rebordo glegnoideo do radio.
- Articulación umerorradial: é a articulación que establecen a tróclea umeral e a epífise superior do cúbito.
- Cápsula articular: bordea todas as superficies articulares.
- Ligamento anterior: recobre a parte anterior da epífise caudal do úmero e chega ata o radio e o cúbito.
- Ligamento posterior: recobre a parte posterior da epífise caudal do úmero e chega ata as apófises coronoidea e oleocraniana do cúbito.
- Ligamento lateral interno: insírese na epitróclea umeral e chega ata o cúbito.
- Ligamento lateral externo: insírese no epicóndilo umeral e chega ata o cúbito.
- Ligamento anular: insírese no cúbito, bordea a cabeza radial e regresa ao cúbito.
- Ligamento de Weitbrecht
As dúas articulacións do cóbado son trocleares funcionalmente, é dicir, poden realizar movementos de flexión e extensión.
- Extensores: tríceps braquial, músculo ancóneo.
- Flexores: braquial anterior, músculo supinador longo e bíceps braquial.
Unha doenza típica do cóbado é a epicondilite.