Club Deportivo Málaga - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CD Málaga»)
Nome | Club Deportivo Málaga | |
---|---|---|
Alcume(s) | malaguistas, boquerones, branquiazuis | |
Fundación | 1923 (Como Fútbol Club Malagueño) | |
Desaparición | 1992 | |
Estadio | La Rosaleda, Málaga, España ![]() | |
Inauguración | 1941 | |
Capacidade | 40.000 aprox. | |
|
O Club Deportivo Málaga foi un equipo de fútbol de España, establecido na cidade de Málaga, Andalucía.
Coñéceselle como Club Deportivo Málaga desde 1941, anteriormente denominábase Club Deportivo Malacitano, que naceu en 1933 tras a fusión dos entón equipos máis representativos da cidade: o Fútbol Club Malagueño (fundado en 1923 e mantido na fusión) e o Málaga Sport Club (desaparecido tras a fusión). O equipo militou en diferentes categorías da liga española de fútbol, pero desapareceu no verán de 1992 por mor da débeda económica que arrastraba. Tras a quebra do CD Málaga o equipo filial deste, o Club Atlético Malagueño -cuxa denominación pasou a ser Málaga Club de Fútbol- converteuse no novo representante malaguista.
- Tempadas en 1ª: 20
- Tempadas en 2ª: 31
- Tempadas en 2ªB: 0
- Tempadas en 3ª: 9
- Mellor posto na liga: 7º (Primeira División, tempadas 1971−72 e 1973−74)
- Peor posto na liga: 18º (Primeira División, tempadas 1976−77 e 1979−80)
- Segunda División (1): 1987−88
- Segunda División − Grupo 2 (1): 1951−52, 1966−67
- Terceira División (3): 1943−44, 1945−46, 1959−60
- Subcampión de Segunda División (3): 1948−49, 1969−70, 1978−79
- Subcampión de Segunda División − Grupo 2 (2): 1961−62, 1964−65
- Subcampión de Terceira División (1): 1944−45
- Trofeo Costa del Sol (3): 1963, 1971, 1974
- Trofeo Ciudad de La Línea (1): 1976