Castelo de Habsburg - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Habsburg | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | ruínas de castelo e hilltop castle (en) ![]() ![]() | ||
Parte de | list of cultural properties in Habsburg AG (en) ![]() ![]() ![]() | ||
Localización | |||
| |||
Estado federado | Suíza | ||
Cantóns | Argovia | ||
District of the canton of Aargau (en) ![]() | Distrito de Brugg (pt) ![]() | ||
Comuna | Habsburg (Suíça) (pt) ![]() ![]() | ||
Código postal | 5245 ![]() | ||
Enderezo | Schlossgasse 30, 5245 Habsburg ![]() | ||
Altitude | 461 m ![]() | ||
Datas | |||
Fundación | 1020 ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Propietario | Argovia e Casa de Habsburgo ![]() | ||
Patrimonio cultural | |||
Ben cultural catalogado como de relevancia nacional en Suíza | |||
Identificador | 00117 | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | museumaargau.ch… ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Habichtsburg ou castelo de Habsburgo é un castelo situado na localidade suíza de Habsburg, no cantón de Argovia, preto do río Aar. Localízase a unha altitude de 505 metros sobre o nivel do mar, na crista alongada do outeiro de Wülpelsberg. Foi a sede inicial da dinastía da familia Habsburgo.
O ascenso político dos Habsburgo iniciouse coa adquisición de posesións territoriais en torno a este castelo, para chegar a ser a casa real máis importante de Europa a partir de fins do século XV, moi pouco logo de perder a posesión deste castelo e todas as súas terras na actual Suíza. Aínda que os Habsburgo non gobernaron estas terras desde o século XV, as armas históricas dos Habsburgo -un león sobre un fondo dourado- continuaron formando parte do seu escudo ata o final do período imperial. A área ao redor deste castelo foi cuberta por bosques e só foi limpada ao redor do ano 1500.

O castelo foi inicialmente construído cara a 1020 ou 1030 polo conde Radbot. O seu neto, Otón II de Habsburgo, é o máis antigo membro desta familia documentado que se referiu a si mesmo como "de Habsburgo", no ano 1108. En varias etapas fóronse agregando outros edificios, transformándoo nun dobre castelo e alcanzando a súa máxima extensión a principios do século XIII, cuns 3000 m².
Tras a expulsión dos Habsburgo, a metade oriental do castelo -a parte máis antiga- quedou en ruínas e posteriormente derrubouse. A parte máis nova, considerada a parte traseira do castelo -cara ao oeste- mantívose e conservou a súa aparencia orixinal. Excepto por unhas poucas modificacións, esta parte do castelo aínda se conserva. En 1948 foi incorporado ao inventario dos bens culturais de importancia nacional de Suíza. O palacio utilízase como un restaurante desde o ano 1979, e achego sitúase un museo sobre a historia do castelo.
Nos anos 1978/83 e 1994/95 escaváronse extensas zonas de interese arqueolóxico no lugar.