Castilléjar - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||
Provincia | Provincia de Granada ![]() | ||
Capital | Castilléjar ![]() | ||
Poboación | |||
Poboación | 1.289 (2024) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 132 km² ![]() | ||
Altitude | 792 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Organización política | |||
• Alcaldesa ![]() | Josefa Carasa Ballesta (en) ![]() ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 18818 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Código INE | 18045 ![]() | ||
Sitio web | castillejar.es ![]() | ||
![]() |
Castilléjar é unha localidade e concello español da provincia de Granada. Está situado no extremo nororiental da provincia, na comarca de Huéscar que, xunto coa de Baza, conforman unha rexión denominada o Altiplano Granadino.
Limita cos municipios de Huéscar, Galera, Cúllar, Benamaurel e Castril. Outras localidades próximas son El Cura e San Marcos.
Dista 136 km de Granada e 175 km de Murcia.
O concello está formado polos núcleos de Castilléjar, Los Carriones e Los Olivos.
Situado a 792 msnm, ten unha superficie de 131,33 km². Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 1 289 habitantes.[1]
O seu termo municipal está nunha fértil veiga que se estende ás beiras dos ríos Galera e Guardal, con algunhas das paisaxes de badlands máis espectaculares do Altiplano Granadino.
Conta, ademais, con numerosas casas-cova, tradicionais das rexións de Andalucía Oriental e Murcia.
Aínda que a Igrexa de Nosa Señora da Inmaculada Concepción, as Covas da Mourería e sitios arqueolóxicos como os da Balunca ou da Sacristía posúen un valor innegábel, o patrimonio monumental de Castilléjar non é tan importante como o doutras cidades e localidades históricas. Iso si, o municipio conta cun moi valioso patrimonio ambiental e etnográfico. A verdadeira riqueza patrimonial de Castilléjar está constituída polo tesouro medioambiental que representa a extensa zona esteparia dos badlands, a cultura troglodítica resultante do hábitat en covas, e no aínda hoxe palpábel modo de vida tradicional, froito das singularidades desta localidade.
A zona onde se asenta Castilléjar serviu de hábitat humano desde a Prehistoria, como o demostran os sitios arqueolóxicos das covas de Guardal. Hai vestixios dun poboado ibero, chamado Castro de la Balunca que data dos séculos VI e V a.C.. Posteriormente albergou tribos bastetanas. Os árabes ocuparon o seu territorio ao que chamaban al-Qulayat (alcalá ou "castilleja"), até que en 1488 foi reconquistado polos Reis Católicos e pasou a depender da casa de Alba.
Tras a expulsión dos mouriscos, decretada polo rei Filipe III e efectuada entre 1609 e 1613 (os de Andalucía, en 1610), toda a zona foi repoboada por xentes vindas do norte da península, principalmente do País Vasco, Navarra e Aragón. Por iso son frecuentes apelidos como Abellán, Barea, Carricondo, Ibar, Iriarte, Lizarte, Mañas, Navarro, Uribe ou Vegara.
O nome da localidade foi nun principio o de "Castillexa", e como tal permaneceu até finais do século XVIII, para pasar a denominarse Castilléjar de los Ríos do que quedou só o seu actual topónimo.
- Castrilléjar na Granadapedia.
- Castrilléjar en Turismo de Granada. Deputación Provincial.
- Web oficial do Concello.