Charles Fourier - Wikipedia, a enciclopedia libre
- ️Mon Dec 18 2017
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) François Marie Charles Fourier ![]() 7 de abril de 1772 ![]() Besançon, Francia ![]() |
Morte | 10 de outubro de 1837 ![]() París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Fourierismo (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | economista, filósofo, sociólogo, escritor ![]() |
Movemento | Socialismo utópico ![]() |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | sen valor ![]() |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/39/Charles_Fourier_%28by_Hans_F._Helmolt%29.jpg/220px-Charles_Fourier_%28by_Hans_F._Helmolt%29.jpg)
François Marie Charles Fourier, nado en Besançon o 7 de abril de 1772 e finado en París o 10 de outubro de 1837, foi un socialista utópico francés, un dos pais do cooperativismo. Entre 1830 e 1850 numerosas comunidades utópicas viron a luz fundamentadas nos seus escritos.
Representantes do socialismo utópico como Henri de Saint Simon e Fourier ocupáronse da situación das mulleres e o recoñecemento dos seus dereitos en contraste con outros socialistas da súa época como Proudhon que non foron simpatizantes do feminismo.[1] No seu proxecto dunha sociedade socialista xusta e feliz incluían ao seu modo a emancipación da muller por medio do que debía ser a emancipación total da sociedade. Fourier pretendía liberar de represións a natureza humana e vivir máis de acordo ao propio pracer. Entre as ideas que expuxo nas súas obras que na actualidade resultan válidas está a defensa de que cada cal elixa o seu traballo segundo a súa vocación.[1]Consideraba que as profesións importantes debían estar abertas ás mulleres e que a selección debía realizarse en función de habilidade e capacidade das persoas e non en razón do sexo. Falaba das mulleres como individuos e non como a metade dunha parella. De Fourier é a soada frase de que a situación das mulleres é un indicador do nivel de civilización da sociedade. Escribiu Flora Tristan parafraseando a Fourier: “Obsérvase que o nivel de civilización a que chegaron diversas sociedades humanas está en proporción á independencia de que gozan as mulleres".[2]Consideraba que o matrimonio "tradicional" podía lesionar os dereitos das mulleres como seres humanos e nunca casou. Doutra banda recoñecía que homes e mulleres teñen unha ampla gama de necesidades e preferencias sexuais que poden cambiar ao longo da súa vida incluíndo a sexualidade entre persoas do mesmo sexo.
- ↑ 1,0 1,1 Sau, Victoria (2000). Diccionario ideológico feminista (en castelán). Icaria Editorial. ISBN 978-84-7426-072-4.
- ↑ "ONIC - Flora Tristán, aventurera y revolucionaria del siglo XIX". ONIC (en castelán). 2017-12-18. Consultado o 2024-05-18.