Club Atlético Progreso - Wikipedia, a enciclopedia libre
- ️Tue Apr 25 2017
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Progreso | ||
---|---|---|
![]() | ||
Nome | Club Atlético Progreso | |
Alcume(s) | Los Gauchos del Pantanoso | |
Fundación | 30 de abril de 1917 | |
Estadio | Estadio Abraham Paladino Montevideo, Uruguai | |
Capacidade | 5 200 | |
Presidente | ![]() | |
Adestrador | ![]() | |
Liga | Primeira División do Uruguai | |
2024 | 11º | |
Na rede | ||
https://www.clubatleticoprogreso.com | ||
| ||
O Club Atlético Progreso, chamado comunmente Progreso, é un equipo de fútbol de Montevideo e que xoga na Primeira División do Uruguai.
O Club Atlético Progreso naceu en 1917 vencellado aos grupos de obreiros anarquistas do barrio montevideano de La Teja. As cores da súa indumentaria, amarelo e vermello, son unha lembranza da senyera, pois algúns dos seus fundadores eran inmigrantes de ascendencia catalá[1].
Entre 1979 e 1989 foi presidente do club Tabaré Vázquez, baixo o seu mandato, o equipo gañou o título de campión da Primeira División en 1989[2]. En 2017, dentro das celebracións do centenario do equipo, a sede do Progreso acolleu un consello de ministros presidido por Tabaré Vázquez[3].
Ademais da liga gañada en 1989, o Progreso tamén participou en tres ocasións na Copa Libertadores (1987, 1990 e 2020).
- Campionato Uruguaio de Primeira División: 1989
- ↑ tonicruzgon (2017-04-25). "El club de fútbol de raíces anarquistas y catalanistas que acogió un Consejo de Ministros en Uruguay". Toni Cruz (en castelán). Consultado o 2021-04-01.
- ↑ "De La Teja a la historia… – Club Atlético Progreso" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 2021-04-01.
- ↑ Uruguay, Presidencia de la República Oriental del. "Finalización del Consejo de Ministros en el Club Progreso, La Teja - Presidencia de la República". Presidencia de la República Oriental del Uruguay (en castelán). Consultado o 2021-04-01.