Coahuila - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coahuila de Zaragoza (es) ![]() | |||
Himno | himno de Coahuila ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
| |||
Estado | México ![]() | ||
Capital | Saltillo ![]() | ||
Contén a división administrativa | |||
Poboación | |||
Poboación | 2.954.915 (2010) ![]() | ||
Lingua usada | Crioulo afro-semínola Lingua kickapoo ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | Coahuila e Texas (1824–1835) | ||
Superficie | 151.595 km² ![]() | ||
Bañado por | Río Grande, América do Norte ![]() | ||
Altitude | 1.307 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Creación | 1824 ![]() | ||
Organización política | |||
• Gobernador ![]() | Manolo Jiménez Salinas ![]() | ||
Órgano lexislativo | Congreso de Coahuila Circunscrición: 16, (Escano: 25) ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 25 ![]() | ||
Fuso horario | |||
ISO 3166-2 | MX-COA ![]() | ||
Sitio web | coahuila.gob.mx ![]() | ||
![]() |
Coahuila, formalmente Coahuila de Zaragoza ou Estado Libre e Soberano de Coahuila de Zaragoza (en lipán: Nacika),[1] é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México.
Coahuila limita cos estados mexicanos de Nuevo León ao leste, Zacatecas ao sur, e Durango e Chihuahua ao oeste. No norte, Coahuila conta cun treito de 512 km da fronteira entre os Estados Unidos e México, adxacente a Texas ao longo do río Grande (río Bravo do Norte). Cunha área de 151.563 km2, é o terceiro meirande estado de México. Conta con 38 concellos. En 2020, a poboación de Coahuila era de 3.146.771 persoas.
A meirande cidade, ademais da súa capital, é Saltillo; a segunda cidade é Torreón (que conforma a meirande área metropolitana do estado); a terceira é Monclova (a antiga capital); a cuarta é Piedras Negras e a quinta é Ciudad Acuña.