Colo-Colo - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colo-Colo | ||
---|---|---|
Nome | Club Social y Deportivo Colo-Colo | |
Alcume(s) | El Colo, Cacique | |
Fundación | 1925 | |
Estadio | Monumental, ![]() | |
Inauguración | 1974 | |
Capacidade | 47.017 | |
Presidente | ![]() | |
Adestrador | ![]() | |
Liga | Primeira División de Chile | |
2024 | 1.º | |
Na rede | ||
http://www.colocolo.cl/ | ||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||
| ||
O Club Social y Deportivo Colo-Colo, ou Colo-Colo, é unha entidade deportiva adicada ó fútbol da cidade de Santiago, en Chile. Foi fundado no ano 1925 e compite na Primeira División de Chile, competición que ten gañado en 29 ocasións. Do mesmo xeito é, ata hoxe, o único equipo chileno que foi quen de acadar a Copa Libertadores, cousa que fixo en 1991. Trátase, polo tanto, do equipo máis laureado do fútbol chileno. O Colo-Colo mantén unha intensa rivalidade co CF Universidad de Chile co cal disputa o Clásico do fútbol chileno (ou Superclásico).
- Primeira División de Chile (29) = 1937, 1939, 1941, 1944, 1947, 1953, 1956, 1960, 1963, 1970, 1972, 1979, 1981, 1983, 1986, 1989, 1990, 1991, 1993, 1996, Clausura 1997, 1998, Clausura 2002, Apertura 2006, Clausura 2006, Apertura 2007, Clausura 2007, Clausura 2008, Clausura 2009
- Copa de Chile (10) = 1958, 1974, 1981, 1982, 1985, 1988, 1989, 1990, 1994, 1996

- Copa Libertadores (1) = 1991
- Recopa Suramericana (1) = 1992
- Copa Interamericana (1) = 1992
O Colo-Colo xoga os seus encontros como local no Estadio Monumental de Santiago de Chile, recinto que é da súa propiedade, inaugurado en 1974, e que ten unha capacidade para acoller 47.017 persoas sentadas.