Consello Xeral do Poder Xudicial - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consello Xeral do Poder Xudicial | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | CGPJ |
Tipo | axencia gobernamental e judicial council |
Campo de traballo | justice and judicial activities |
Data de fundación | 1978 |
Presidente/a | Rafael Mozo Muelas (2022-2024) l:EntityPage/Q114650074|Rafael Mozo Muelas]] (2022-2024) |
Premios | Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort |
Sede | Consejo General del Poder Judicial building, Madrid |
País | España |
Na rede | |
http://www.poderjudicial.es/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) de España, consonte o artigo 122 da Constitución española, é o órgano de goberno dese poder do Estado, que exerce as súas competencias en todo o territorio español. A súa función principal é velar pola independencia de xuíces e maxistrados fronte ao resto dos poderes estatais.
Está presidido polo presidente do Tribunal Supremo de España e composto por vinte vocais, nomeados polo rei Filipe VI a proposta do Senado e do Congreso dos Deputados. Cada Cámara propón catro xuristas de recoñecida competencia e ademais selecciona seis xuíces ou maxistrados propostos en lista tripla polos membros da Carreira Xudicial, en eleccións internas.
O Consello Xeral do Poder Xudicial é competente na selección e nomeamento dos xuíces, na proposta ao rei para o nomeamento dos presidentes e maxistrados de todos os tribunais de todo o territorio estatal e, en materia administrativa, posúe atribucións de inspección e disciplinarias.
Con subordinación ao Consello Xeral do Poder Judicial, as Salas de Goberno do Tribunal Supremo, da Audiencia Nacional e dos Tribunais Superiores de Xustiza exercen funcións gobernativas e administrativas, tales como a solicitude e repartición de recursos e medios materiais e o estabelecemento de normas de repartición de asuntos, de substitución e de control das respectivas oficinas.