Corea - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Epónimo | Goryeo ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
| |||
Xeografía | |||
Superficie | 219.155 km² ![]() | ||
Bañado por | Mar do Xapón, Mar Amarelo e Mar da China Oriental ![]() | ||
Comparte fronteira con | Namhae (en) | ||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Sucedido por | Corea do Norte e Corea do Sur ![]() | ||
![]() |
Corea (/koˈɾe.a/; en coreano: 한국 [ˈha̠(ː)nɡuk̚], romanizado: Hanguk, lit. "Pobo dos Han",[1] en Corea do Sur; 조선 [t͡ɕo̞sʰʌ̹n], romanizado: Joseon, lit. "[terra da] Mañá Prístina", en Corea do Norte) é unha rexión peninsular, así coma unha entidade xeográfica e cultural, dividida segundo o paralelo 38o N, agora coñecido coma a zona desmilitarizada de Corea, dende 1945. Dous estados declararon a súa independencia en 1948, ambos reclamando soberanía sobre toda Corea; Corea do Sur (República de Corea), que abrangue a metade meridional, e Corea do Norte (República Popular e Democrática de Corea), que comprende a súa metade norte. A rexión consiste da península coreana, da illa Jeju, e de multitude doutras illas e illotes menores próximos á península. Esta última, linda coa China ao norte e con Rusia ao nordés, a través dos ríos Yalu e Tumen. Está separada do Xapón ao sueste, polo estreito de Corea.
A cadea montañosa de Taebaeksan corre ao longo da costa oriental, onde as grandes ondas do mar do Xapón esculpiron enormes cantís e illotes rochosos. As ladeiras do sur e do oeste presentan un relevo suave, que forma chairas e unha multitude de pequenas illas con pequenas calas. O cume máis alto é a montaña Baekdusan, en Corea do Norte, que se eleva 2744 msnm, na fronteira setentrional que linda coa China.