Crecente - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Crecente.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Galicia | ||
Provincia | Provincia de Pontevedra ![]() | ||
Capital | Crecente ![]() | ||
Contén a división administrativa | |||
Poboación | |||
Poboación | 1.938 (2024) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 58 km² ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Organización política | |||
• Alcalde ![]() | Julio César García-Luengo Pérez ![]() | ||
Eleccións municipais en Crecente ![]() | |||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 36420 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Código INE | 36014 ![]() | ||
Sitio web | crecente.gal ![]() |
Crecente é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2021 tiña 1.961 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «crecentense».
Censo total (Habitantes) | 1.961[2021] |
Menores de 15 anos | 88 (4,49 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.071 (54,61 %) |
Maiores de 65 anos | 802 (40,90 %) |
Evolución da poboación de Crecente Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.247 | 5.317 | 5.584 | 4.432 | 2.756 | 2.596 | 2.533 | 2.367 | 2.314 | 2.261 | 2.252 | 2.131 | 2.082 | 2.032 | 2.012 | 1.994 | 1.961 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Limita cos concellos de Arbo e A Cañiza (provincia de Pontevedra); Melón, Arnoia, Cortegada, Pontedeva e Padrenda (provincia de Ourense) e fai fronteira con Portugal, separado polo río Miño. Ten 57,1 km².
Cara ao norte está formado por unha zona montañosa, e cara ao sur está formado por un grupo de vales profundos, dirixidos cara ao río Miño, que o separa de Ourense e Portugal.
No límite co concello de Arbo atópanse uns petróglifos no monte, e nos lindeiros coa provincia de Ourense un túmulo megalítico.
Durante a idade de ferro, coa cultura castrexa construíronse varios castros: castro da Cidá ou castro de Sabanle, na parroquia de Quintela, onde se atoparon un tríscele (conservado no Museo de Pontevedra) e un torso de guerreiro castrexo (no Museo Quiñones de León de Vigo). Os castros do Cerco (na aldea de Bouza de Padrosos), o de Coutofurado ou de San Sebastián, en Parada de Rebordechán e o do lugar de Castro no propio Crecente están todos eles romanizados. Durante a dominación romana construíuse unha calzada bordeando o río Miño, e unha torre (orixe da de Fornelos).
Na idade media a zona formou parte do condado de Turonia, fronteira durante o Reino de Asturias e logo demarcación entre os condados de Galicia e Portugal, pertencendo parte dese concello á raíña Tareixa (nai do futuro rei de Portugal Henriques). Ó ser lugar de fronteira sufriu diversas escaramuzas e de aí proveñen as fortificacións de Fornelos e Sendelle, sendo as diversas parroquias posesións de diversos señores feudais, entre os que destacan os templarios (que fundaron o mosteiro de San Pedro de Crecente) o mosteiro de Melón, e a liñaxe dos Soutomaior. Esta familia obtivo numerosos bens e os seus conflitos foron moi soados.
O rei Fernando IV de España outorgou a Fernando Yáñez o señorío de Crecente. Durante a idade moderna, xa en 1642, o rei Filipe IV de España concedeu o título de conde de Crecente a Baltasar de Soutomaior por intercesión dun familiar seu na corte de Madrid. Durante a Guerra de Restauración Portuguesa Crecente volveu ó ambiente militar, coa refortificación de Fornelos e varios outeiros para impedir ataques e lanzar ofensivas ó país veciño, aínda que estivo lonxe dos grandes conflitos bélicos desta guerra, que sucedían en Salvaterra de Miño.
O contorno natural de Crecente está demarcado polos diversos vales, destacando á vista o encoro do río Frieira. Desde o monte de Chan de Moeiras, en Filgueira, hai unhas boas vistas panorámicas dos meandros do Miño, desde Meréns ata Cortegada.
O pazo da Fraga, en Albeos, e o pazo de Barreiro, en Vilar, son de orixe medieval.
O románico tivo implantación na zona, como se ve no mosteiro de San Paio de Albeos, adicado a San Paio, santo orixinario deste concello. A igrexa de Crecente, antiga colexiata, foi construída sobre as ruínas do mosteiro templario de San Pedro, construído no século XIV.
O castelo de Fornelos ten a súa orixe nunha torre romana que vixiaba a calzada romana de Crecente e logo ficou en ruínas ata a súa reconstrución durante as guerras de creación de Portugal, entre Afonso VII e Afonso Henriques. Na actualidade consérvase a torre da homenaxe (nela o nobre Pedro Madruga mantivo encarcerado ao bispo de Tui Diego de Murosno século XV) aínda que tiña tamén muralla e varias dependencias anexas, tivo uso ata a Guerra de Restauración ou Guerra de Independencia de Portugal do dominio español.
A capela da Virxe do Camiño, de estilo románico tardío, sitúase nunha antiga ruta do camiño de Santiago, e conta cun cruceiro ornamental. Na capela de Fátima, no Couto da Cruz, venérase a primeira imaxe existente en España vinculada á Virxe de Fátima, traída a ombreiros dende Portugal.
- Julio César García-Luengo Montero (AP): 1979-1987 (PP): 1987-2014
- Marisol Gómez Domínguez (PP): 2014-2015
- Julio César García-Luengo Pérez (PP): 2015-actualidade
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Crecente vexa: Lugares de Crecente.