Década de 1160 - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1160
1161
1162
1163
- Iníciase a construción da catedral de Notre Dame en París.
- O abade Sancho, do Mosteiro de Santa María de Montederramo, recibiu unha bula do papa Alexandre III pola que acolle ao mosteiro baixo a súa protección e amparo.
- Ocupación de Salamanca por D. Afonso Henriques.
1164
- Dieta de Bergen: os bispos noruegueses reinvidican o dereito a elixir o monarca.
- Uppsala é recoñecida como sede metropolitana de Suecia.
- 21 de febreiro: outorgamento de carta foral á vila galega de Padrón.
- Outorgamento de carta foral á vila galega de Ribadavia.
1165
1166
1167
1168
América
- Os chichimecas asaltan a cidade tolteca de Tula, obrigando ao seu rei, Huémac, a abandonar a urbe, que fica destruída.
Asia
Europa
- En campaña contra os vendos, Dinamarca ocupa a illa de Rügen, no mar Báltico.
- Fundación da cidade de Alessandria, no Piemonte. Dóuselle tal nome en honra do papa Alexandre III.
- Outorgamento de carta foral á vila de Noia, en Galiza.
- 23 de febreiro - Fernando II, rei de Galiza, doa cen marabedís anuais de por vida ao mestre Mateu para a conclusión da catedral de Santiago.
1169
- Bula papal outorgando ao rei de Inglaterra a misión de submeteren os habitantes da Irlanda « para arrincar de entre eles o mao gran do vicio ».
- Fernando II de León fai prisoeiro ao rei portugués, Afonso Henríques, en Badaxoz. Asinan a paz entre os reinos de ambos os dous.
- Outorgamento de carta foral á cidade galega de Pontevedra