David Timor - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1989 ![]() Carcaixent, España ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 22 ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
David Timor Copoví, nado en Carcaixent o 17 de outubro de 1989, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Eldense, da Segunda División.
Formouse na canteira do Valencia e militou dúas campañas no Mestalla, na Segunda División B.[1] No verán de 2010 asinou por Osasuna, pasando a gran maioría do seu primeiro ano co equipo B, tamén en Segunda B. Debutou co primeiro equipo na Primeira División o 23 de abril de 2011, xogando os últimos dez minutos dunha derrota por 2-0 ante o futuro campión, o FC Barcelona. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría o 30 de setembro de 2012, ante o Levante.[2]
Tras unha campaña cedido no Girona,[3] pasou ao Real Valladolid, no que militou durante un ano e medio. En xaneiro de 2016 fichou polo Leganés, co que conseguiu o ascenso á Primeira División.[4]
Entre 2017 e 2018 xogou no Girona, pasando logo pola UD Las Palmas, o Getafe, o Huesca e o Eldense.[5]
- ↑ "En Madrid colocan a David Timor en la agenda" (en castelán). 30 de maio de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Los zurdos salvan a Osasuna". El País (en castelán). 30 de setembro de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "El Girona ata a Timor y 'Chando'" [Girona tie Timor and 'Chando']. Sport (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Timor, un adiós indeseado sin homenaje en el Leganés-Girona". Diario AS (en castelán). 19 de setembro de 2017. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Timor, nuevo jugador de Las Palmas". Marca (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2024.