gl.wikipedia.org

Departamentos do Salvador - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O territorio do Salvador está repartido en 14 entidades subnacionais de primeira orde denominadas departamentos. Os departamentos son rexidos por un gobernador departamental, nomeado polo Presidente.

No Artigo 6 da primeira Constitución do Estado do Salvador (denominado Estado del Salvador), decretado pola primeira Asemblea Constituínte do Estado, o 12 de xuño de 1824, dividiuse o territorio do Estado en 4 departamentos: San Salvador, Sonsonate, San Vicente e San Miguel. A Constitución atribuíu o fixamento dos límites departamentais ao Congreso do Estado, estableceu un Consello representativo composto dun representante por cada departamento elixido polos seus respectivos pobos e estableceu o cargo de Xefe Político Intendente nomeado polo Xefe do Estado e a cuxo cargo estaba o goberno político e de facenda do departamento.[1]

O 4 de setembro de 1832, emitiuse o Regramento de Xefes Políticos, Municipalidades e Alcaldes. Este regramento estableceu límites e xurisdicións para os Departamentos e regrou o cargo de Gobernador departamental.

A Constitución emitida o 18 de febreiro de 1841 estableceu o cargo de Gobernador, nomeado polo Poder Executivo. A Constitución tamén estableceu dúas Cámaras Lexislativas, unha de Senadores e outra de Deputados, cada Departamento de 30 000 habitantes elixiría un Senador propietario e un suplente para a súa representación.[2]

Departamento Código ISO Área
(km²)
Poboación
(2013)[3]
Densidade de

poboación (hab/km²)

Capital Escudo Bandeira
Ahuachapán SV-AH 12.396 333.406 269 Ahuachapán
Cabañas SV-CA 11.035 164.945 1.495 Sensuntepeque
Chalatenango SV-CH 20.166 204.808 1.016 Chalatenango
Cuscatlán SV-CU 7.562 252.528 3.339 Cojutepeque
La Libertad SV-LI 16.529 747.662 4.523 Santa Tecla
Morazán SV-MO 14.474 199.519 1.378 San Francisco Gotera
La Paz SV-PA 12.236 328.221 2.682 Zacatecoluca
Santa Ana SV-SA 20.232 572.081 2.828 Santa Ana
San Miguel SV-SM 20.771 478.792 2.305 San Miguel
San Salvador SV-SS 8.862 1.740.847 19.644 San Salvador
San Vicente SV-SV 1.184 174.561 1.474 San Vicente
Sonsonate SV-SO 12.252 463.732 3.785 Sonsonate
La Unión SV-UN 20.743 263.271 1.269 La Unión
Usulután SV-US 21.304 366.040 1.718 Usulután

Os departamentos do Salvador subdivídense en municipios. Ten un total de 266 municipios. As súas últimas eleccións celebráronse o 28 de febreiro de 2021.

  1. "Constitución Política de la República de El Salvador de 1824 | Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes". www.cervantesvirtual.com. Consultado o 9 de maio de 2019.
  2. "Constitución Política de la República de El Salvador de 1841 | Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes". www.cervantesvirtual.com. Consultado o 9 de maio de 2019.
  3. "El Salvador at GeoHive". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2016. Consultado o 9 de maio de 2019.