Dnipro - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dnipropetrovsk»)

Дніпро (uk) ![]() | ||||
Epónimo | Río Dniepr ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Ucraína | |||
Óblasts | Rexión de Dnipropetrovsk | |||
Raião da Ucrânia (pt) ![]() | Dnipro Raion (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | Dnipro urban hromada (en) | |||
Contén a división administrativa | Chechelivskyi District (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 968.502 (2022) ![]() | |||
Lingua oficial | lingua ucraína ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 405 km² ![]() | |||
Bañado por | Río Dniepr ![]() | |||
Altitude | 155 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | Dnipro Raion (en) | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1776 ![]() | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Borys Filatov (en) ![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49000 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 0562 ![]() | |||
Identificador KOATUU | 1210100000 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | dniprorada.gov.ua ![]() | |||
![]() ![]() |


Dnipro (en ucraíno: Дніпро) é unha cidade de Ucraína situada ás beiras do río Dniéper, capital do óblast de Dnipro.
Pola súa extensión, trátase da terceira cidade do país, e é un importante centro comercial, industrial e económico de Ucraína. Posúe un gran desenvolvemento tecnolóxico no sector da metalurxia, do armamento e da construción de maquinaria.
Tamén é coñecida como o principal centro aeronáutico do país.
A vila de Dnipro (en ucraíno: Дніпро) recibiu varios nomes ao longo da historia. Foi fundada oficialmente en 1776 como capital da gobernación de Azov do Imperio Ruso co nome de Ekaterinoslav (en ruso: Екатеринослав), e en 1797 foi renomeada como Novorossiisk (en ruso: Новороссийск), nome que mantivo até 1802 cando mudou o seu nome polo de Ekaterinoslav novamente, que mantivo até 1918.
En 1918 foi brevemente nomeada Sicheslav (en ucraíno: Січеслав), aínda que no mesmo ano mudou novamente a Katerinoslav / Ekaterinoslav (en ucraíno: Катеринослав, en ruso: Екатеринослав). En 1926 foi renomeada como Dnipropetrovsk / Dnepropetrovsk (en ucraíno: Дніпропетровськ, en ruso: Днепропетровск), sendo as formas rusa e ucraína oficiais. Co gallo da independencia de Ucraína, pasou a ser oficial unicamente a forma ucraína.
En 2016 o parlamento ucraíno aprobou renomear a cidade á forma Dnipro.

A nova Dnipro foi fundada en 1776 polo príncipe ruso Grigori Potiomkin por orde de Catarina II de Rusia e foi chamada entre ese ano e 1926 Еkаtеrinoslav.
As fortificacións militares que existen actualmente na cidade existen desde mediados do século XVI.
No estilo arquitectónico das rúas e prazas do centro da cidade consérvanse aínda as pegadas do clasicismo ruso dos séculos XVIII e XIX. Tamén se observan restos de modernismo de inicios do século XX e da monumental arquitectura que caracterizou os anos do Goberno de Stalin, entre 1930 e 1950.
O FC Dnipro Dnipro, o equipo de fútbol da cidade, milita actualmente na Premier Liha, que é a primeira división do fútbol dese país.
A cidade de Dnipro ten un sistema de transporte formado por tranvías, unha rede de liñas de autobuses, trolebuses eléctricos e marshrutkas (minibuses privados). Ademais, a cidade conta cun sistema de metro, o Metro de Dnipro, que foi aberto ao público en 1995 e dispón de seis estacións repartidas nunha única liña de metro.
Por outra parte, a 15 km ao sueste da cidade se encóntrase o Aeroporto Internacional de Dnipro.
- Sitio de noticias de Dnipro Arquivado 09 de maio de 2022 en Wayback Machine.
- Portal de Dnipro
- Portal de Dnipro (en varias linguas)