El Bola - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Bola |
---|
Ficha técnica |
Na rede |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
El Bola é unha película española dirixida por Achero Mañas no ano 2000 e que lanzou á fama ó seu protagonista, o actor Juan José Ballesta, desde aquela acotío coñecido polo alcume do seu personaxe nesta película.
No elenco que encabeza Ballesta figuran nomes destacados do cine español como Gloria Muñoz, Alberto Jiménez, Manuel Morón ou Nieve de Medina.
Esta longametraxe é e primeira dirixida por Achero Mañas, e nela aborda o tema do maltrato infantil a través dunha historia que acadou unha grande aceptación e conseguiu multitude de premios e recoñecementos, destacando o seu éxito nos Premios Goya con galardóns á mellor película, dirección novel, guión orixinal e actor revelación (Juan José Ballesta).
- Juan José Ballesta - Pablo (El Bola)
- Pablo Galán - Alfredo
- Alberto Jiménez - José (pai de Alfredo)
- Manuel Morón - Mariano (pai de El Bola)
- Ana Wagener - Laura (asistente social)
- Nieve de Medina - Marisa (nai de Alfredo)
- Gloria Muñoz - Aurora (nai de El Bola)
- Javier Lago - Alfonso (amigo de José)
- Omar Muñoz - Juan
- Soledad Osorio - Avoa de El Bola
- Alfonso Vallejo - Veciño
- Manolo Caro - Birras
- Juan Carlos Martín - Sebas
- Máximo Jiménez - Cobeta
- Miguel Ángel Gutiérrez - Salva
- Alberto Parras - Rapaz 1
- Adrián Gil - Rapaz 2
- Juan Ramón Deacal - Amigo 2
- Andrés Gertrúdix - Javi
- Rosario Santesmases - Mestra
- Pau Cólera - Cliente Ferretería
- Ana Frau - Encarna
- Esteban Masana - Profesor
- Enrique Pérez 'Mao' - Ramiro
- Rafael Martínez Ruiz - Lolo
- Carmen del Valle - Camareira Bar
- Joaquín Berrueco - Policía 1
- Concha Santiago - Policía 2
- Juan Lorente - Félix
- Makauly Guillermo - Rojo
- Tamara Quitral - Enfermeira
- Carlos Morote - Doutor
- Alicia Cifredo - Axudante Doutor
- Daniel Contreras - Tatuador
El Bola (Juan José Ballesta) é un rapaz de 12 anos que vive unha atmosfera violenta e sórdida. A súa situación familiar, que oculta avergoñado, incapacítalle para relacionarse e comunicarse con outros mozos. A chegada dun novo compañeiro ó colexio, Alfredo (Pablo Galán) con quen descobre a amizade, e a posibilidade que iso lle brinda de coñecer unha realidade familiar distinta por completo, daranlle forzas para aceptar e finalmente ser capaz de enfrontarse á súa.
- Premio Goya: Mellor Película, Mellor Director Novel, Mellor Actor revelación e Mellor Guión.
- Gañadora a Mellor Guión en Festival de Sundance
- Gañadora a Mellor Película no Círculo de Escritores de España
- Gañadora do Prato de Ouro no Premio da Familia - Italia