gl.wikipedia.org

Eoraptor - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eoraptor ("ladrón do amencer") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro saurisquio, probablemente terópodo, que viviu a finais do período Triásico, hai aproximadamente 231 e 228 millóns de anos,[1] no Carniano, no que hoxe é Suramérica. Eoraptor lunensis significa o "primeiro ladrón do Val da Lúa", denotando o nome da especie lunensis onde foi descuberto orixinalmente e o nome xenérico da combinación das palabras en grego "Eo" que significa amencer e da latina "raptor", ladrón. Os paleontólogos cren que o Eoraptor é o máis semellante ao devanceiro común de todos os dinosauros. Sábese de varios esqueletos ben preservados.