Esciuromorfos - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Siebenschlaefer_glis_glis.jpg/240px-Siebenschlaefer_glis_glis.jpg)
A dos esciuromorfos (Sciuromorpha) é unha suborde de mamíferos da orde dos roedores.
Inclúe, entre outras especies, aos leiróns, os esquíos, as marmotas e ás cinco especies do xénero Cynomys.
Hoxe en día a suborde comprende 307 especies vivas, distribuídas en 61 xéneros e tres familias. Ademais, hai outras catro familias extintas.[1]
A suborde foi descrita en 1855 polo naturalista alemán Johann Friedrich von Brandt.[1]
A suborde comprende as segintes familias:[1]
- Aplodontíidos (Aplodontiidae)
- Glíridos (Gliridae)
- Esciúridos (Sciuridae)
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sciuromorpha Brandt, 1855 no MSW. Consultado o 25 de novembro de 2021.
- Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X.
- Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.