Estríxidos - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os estríxidos (Strigidae) son un dos dous clados de rapaces nocturnas do grupo Strigiformes, o cal inclúe os bufos, mouchos, avelaionas, caburés, tecolotes etc. Son aves adaptadas á noite, aínda que non tanto como as curuxas da familia Tytonidae. Teñen hábitos nocturnos, pero algunhas especies, como Glaucidium brasilianum, cazan tamén durante o día. Aliméntanse xeralmente de invertebrados e de pequenos vertebrados. O clado está composto por case duascentas especies.
En Galicia existen 6 especies pertencentes á familia dos estríxidos (Strigidae), delas, 4 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 1 é hivernante no país añiñando localmente e outra é estival.[1]
Especie Autoridade, ano |
Nome vulgar |
EC |
Distribución |
Imaxe |
Poboación | |
---|---|---|---|---|---|---|
Otus scops |
![]() |
|||||
Bubo bubo |
![]() |
![]() |
8 pp.[2] | |||
Athene noctua |
![]() |
![]() |
||||
Strix aluco |
![]() |
![]() |
1.400 pp. (PENAS-PATIÑO, 1995) | |||
Asio otus |
![]() |
![]() |
||||
Asio flammeus |
![]() |
![]() |
- ↑ Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005). Baía Edicións., ed. Guía das aves de Galicia. pp. 286–293. ISBN 84-87674-06-2.
- ↑ "Primeros datos sobre la biología del búho real en Galicia". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2010. Consultado o 31 de marzo de 2010.