Exvoto - Wikipedia, a enciclopedia libre
- ️Fri Nov 17 2017
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un exvoto é unha ofrenda de certa calidade artística, que os xentís facían os seus deuses. Estas ofrendas depositábanse en santuarios ou lugares de culto, as cales podían tomar a forma de persoas, animais, armas, alimentos etc.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Cumplimiento_del_voto%2C_M%C3%A1ximo_Ramos.jpg/220px-Cumplimiento_del_voto%2C_M%C3%A1ximo_Ramos.jpg)
Posteriormente este símbolo dos desexos ou preocupacións dos homes, foi adoptado polo cristianismo, en forma de ofrenda deixada por fieis en busca ou agradecemento dunha curación ou remedio ás súas doenzas e preocupacións.
Son frecuentes nas inmediacións ou altares de calquera centro de peregrinación en formas de cera antropomórficas ou en partes do corpo, como unha evocación da doenza a tratar polo romeiro.
-
Exvotos expostos no Castelo de Sobroso
-
Moldes de madeira para facer exvotos de cera, no Museo Liste.
- Fuentes Alende, Xosé: Artigo "EXVOTO" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Salgado, Fernando (17/11/2017). "Cuando solo queda la fe". Diario de Pontevedra (en castelán).