FC Bayern München (baloncesto) - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FC Bayern München | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL / Euroliga |
Alcume | Die Roten |
Fundación | 1946 |
Cores | Vermello, branco, mariño |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Audi Dome |
Capacidade | 6 700 |
Inauguración | 1972 |
Campionatos | |
Liga | 5 (1954, 1955, 2014, 2018, 2019) |
Copa | 3 (1968, 2018, 2021) |
fcb-basketball.de |
O FC Bayern München Basketball é un equipo profesional de baloncesto, parte do club polideportivo alemán FC Bayern München, con sede na cidade de Múnic, Baviera. Actualmente que xoga na Basketball Bundesliga, a máxima competición do baloncesto xermano, e na Euroliga. Disputa os seus encontros coma local no Audi Dome, un pavillón con capacidade para 6 700 espectadores.
O Bayern de Múnic ten unha longa tradición de baloncesto. Os seus anos de maior éxito foron entre os anos 1950 e 1960, cando gañou as Liga de 1954 e 1955, e a Copa de 1968. Os éxitos foron acompañados dunha gran popularidade, por exemplo, en 1956, atraeu a 40.000 seareiros a un partido amigábel ao aire libre contra o Lancia Bozen, un dos mellores clubs de baloncesto de Italia da época. Máis tarde, en 1966, o club foi un dos membro fundadores da Basketball Bundesliga. Nos anos seguintes, o club comezou a desvanecerse, chegando en 1974 a ser relegado á Segunda División. Durante algún tempo o club non se recuperou, tando tan só dous ou tres anos de éxito ao conseguir competir na entre 1987 e 1989.
En 2008 o equipo procura volver á elite, obxectivo que finalmente cumpre. Desde aquela o club procura ir medrando para converterse nun dos equipos destacados do baloncesto europeo. En 2013 o club alcanzou as semifinais da Bundesliga, onde perdeu por 3-2 ante os que serían eventualmente campións, o Brose Baskets de Bamberg. Grazas a unha wild card, o Bayern xogou a Euroliga na seguinte temporada (2013-14). A pesar de ser esta a súa primeira aparición no campionato europeo, o club consegue chegar ao Top 16. Ese mesmo ano, o 18 de xuño, o Bayern gaña o seu terceiro título de liga tras derrotar ao Alba Berlin por 3-1 nas Finais. Este título supuxo o seu primeiro campionato tras cincuenta e nove anos (desde 1955). O xogador estrela do equipo era Malcolm Delaney, quen gañou o MVP e MVP das Finais. Na seguinte temporada, 2014-15, o Bayern chega de novo á final, aínda que perde fronte o Brose Baskets por 2–3.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|
2008–09 | 2 | ProA | 8º | |||
2009–10 | 2 | ProA | 8º | |||
2010–11 | 2 | ProA | 1º | |||
2011–12 | 1 | BBL | 5º | 2 Eurocup | LR | |
2012–13 | 1 | BBL | 4º | Terceiro lugar | ||
2013–14 | 1 | BBL | 1º | Cuarto lugar | 1 Euroliga | T16 |
2014–15 | 1 | BBL | 2º | Cuartos de final | 1 Euroliga | LR |
2 Eurocup | OF | |||||
2015–16 | 1 | BBL | 4º | Subcampión | 1 Euroliga | LR |
2 Eurocup | CF | |||||
2016–17 | 1 | BBL | 4º | Subcampión | 2 EuroCup | CF |
2017–18 | 1 | BBL | 1º | Campión | 2 EuroCup | SF |
2018–19 | 1 | BBL | 1º | Cuartos de final | 1 Euroliga | 11º |
2019–20 | 1 | BBL | 5º | Oitavos de final | 1 Euroliga | — |
2020–21 | 1 | BBL | 2º | Campión | 1 Euroliga | CF |
2021–22 | 1 | BBL | 2º | Cuartos de final | 1 Euroliga | CF |
- Véxase tamén: Xogadores do FC Bayern München.
FC Bayern München 2020−2021 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Números retirados | ||||
Nº | Nac. | Xogador | Posición | Etapa |
6 | ![]() |
Steffen Hamann | B | 2010–2014 |
24 | ![]() |
Demond Greene | E | 2010–2014 |
- Campións (5): 1954, 1955, 2014, 2018, 2019
- Subcampións (1): 2015
Copa
- Campións (2): 1968, 2018
- Subcampións (2): 2016, 2017
Supercopa
- Subcampións (1): 2014
Segunda División
- Campións (1): 2011
- Sitio web oficial (en alemán)