Facultade de Humanidades de Lugo - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Facultade de Humanidades de Lugo | |
---|---|
![]() Facultade de Humanidades de Lugo | |
Universidade: | Universidade de Santiago de Compostela |
Localización: | Lugo |
Campus: | Campus de Lugo |
Enderezo: | Rúa Benigno Ledo, s/n, 27002 |
Ano de fundación: | 2002 |
Decano: | Gonzalo Francisco Fernández Suárez |
Docentes: | |
Estudantes: | |
Teléfono: | 982824700 (Conserxería) |
Correo electrónico: | |
Páxina web: | Web oficial |
A Facultade de Humanidades de Lugo é un centro educativo pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, situado no complexo docente do Campus Universitario. O edificio inaugurouse en 2002.
Atópase nunha contorna con abundantes instalacións deportivas: Pazo dos Deportes, pistas de atletismo, piscina universitaria, e moi preto da Biblioteca Intercentros de Lugo. Dentro do edificio tamén está o Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC.
Estudos que se imparten (2024-2025):
- Grao en Xestión Cultural (2ª edición), modalidade presencial e virtual[1]
- Máster Universitario en Servizos Culturais (4ª edición)[2]
- ↑ "Grao xestión cultural". Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "Mestrado en Servizos Culturais". Universidade de Santiago de Compostela.