Fernando Delgado - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nome orixinal | (es) Fernando González Delgado ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Fernando Blas González Delgado ![]() 1 de febreiro de 1947 ![]() Santa Cruz de Tenerife, España ![]() |
Morte | 18 de febreiro de 2024 ![]() Faura, España ![]() |
![]() | |
13 de xuño de 2015 – 16 de maio de 2019 Circunscrición electoral: Valencia (en) Electo en: 2015 Valencian regional election (en) | |
Director Radio Nacional de España | |
1982, 1990 – 1986, 1991 | |
Director Radio 3 | |
1981 – 1981 ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Torrecaballeros (–2024) Faura (1996–2024) Madrid (1971–1996) Santa Cruz de Tenerife (1947–1971) ![]() |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) ![]() ![]() |
Educación | Facultade de Ciencias da Información - xornalismo (1965–1970) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura española, xornalismo, poesía española, xornalismo de opinión, radiojornalismo (pt) ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Tenerife Madrid Valencia ![]() |
Ocupación | escritor, xornalista, xornalista de opinión, presentador de televisión, político, locutor ![]() |
Período de actividade | 1965 ![]() ![]() |
Empregador | Cortes Valencianas (2015–2019) Grupo PRISA (1996–2005) RTVE (1967–1996) Prensa Ibérica Pueblo (en) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() |
Fernando González Delgado, nado en Santa Cruz de Tenerife o 1 de febreiro de 1947[1] e finado en Faura (Valencia) o 18 de febreiro de 2024,[2] foi un xornalista e escritor canario.
Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira profesional no diario El Día. Máis tarde pasou aos diarios Pueblo e Informaciones, onde se converteu en crítico literario.
O seu salto ao mundo da radio produciuse a través de Radio Nacional de España, onde ingresou por oposición en 1967. Co tempo, chegou a converterse no primeiro Director de Radio 3 (1981-1982) e da propia RNE en dúas ocasións: 1982-1986 e 1990-1991.
Baixo o seu primeiro mandato realizou unha profunda renovación en formatos e contidos e abandonaron a canle pública profesionais como Luis del Olmo, Jesús Quintero, Alejo García e Julio de Benito, sendo finalmente destituído por Pilar Miró. En 1986 foi nomeado membro do Consello de RTVE, a proposta do PSOE, cargo que ocupa ata 1990.
En 1991 pasa a ser Director de Tele-Expo, a canle televisiva da Exposición Universal de Sevilla de 1992. Unha vez finalizada a mesma, converteuse xunto a María Escario, no novo presentador dos Telediarios de TVE de fin de semana, en substitución de Rosa María Mateo.
En 1996 foi relevado do seu cargo á fronte do informativo trala renovación do equipo directivo da canle. Regresou á radio, incorporándose á Cadena SER, onde se fixo cargo do magazine A vivir que son dos días, un espazo sobre arte, cultura, lecer e actualidade. Deixou o programa en 2005, tras acadar o liderado de audiencia na súa franxa horaria, e substituíuno Àngels Barceló. En 2006 abandonou a radio definitivamente para adicarse á literatura.[2]
Malia nacer nas Canarias, enraizouse na Comunidade Valenciana e viviu durante vinte anos en Faura.[3] Entre 2015 e 2019, foi deputado autonómico nas Cortes valencianas polo PSPV.[4] O presidente Puig, en 2021, nomeouno presidente do Padroado do Museo de Belas Artes de Valencia; cargo ao que renunciou dous anos máis tarde.[4]
En 1976 publicou a súa primeira novela, Tachero e transcorrerían catro anos ata que aparecese a súa seguinte obra, Exterminio en Lastenia, de marcado carácter experimental.
En 1994 saíu á luz a que o autor considera a súa obra máis persoal, Háblame de ti, e un ano despois conseguiu o Premio Planeta co que é o ata o momento o seu libro máis vendido: La Mirada del otro.[4]
Non só escribiu novela. Tamén cultivou a poesía (Proceso de adivinaciones e Autobiografía del hijo) e o ensaio Cambio de tiempo (1994).
- Premio Pérez Galdós de novela Exterminio en Lastenia (1980)
- Premio Planeta en 1995 por "La mirada del otro".[2]
- Premio Ondas Nacional de Televisión
- Mísero templo (1972)
- Tachero (1976)
- Exterminio en Lastenia (1979)
- Proceso de adivinaciones (1981)
- Cuatro ejemplos para una nueva sociedad canaria (1985)
- Háblame de ti (1994)
- Génesis (1994)
- Cambio de tiempo (1994)
- Autobiografía del hijo (1995)
- Ciertas personas (1996)
- Escrito por Luzbel (1998)
- No estabas en el cielo (1996)
- Presencias de ceniza (2001)
- Isla sin mar (2002)
- ↑ Aparicio, C. (18 de febreiro de 2024). "Políticos valencianos se despiden en las redes de Fernando Delgado". larazon.es (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Soto, Álvaro (18 de febreiro de 2024). "Muere a los 77 años el periodista y escritor Fernando Delgado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2024.
- ↑ Bono, Ferrán (18 de febreiro de 2024). "Muere el periodista y escritor Fernando Delgado a los 77 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 RTVE.es/Axencias (18 de febreiro de 2024). "Muere el periodista y escritor Fernando Delgado a los 77 años". rtve.es (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2024.