Fernando de Noronha - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. |
Epónimo | Fernão de Loronha ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
| |||
Estado | Brasil | ||
Unidades da federación | Pernambuco ![]() | ||
Poboación | |||
Poboación | 3.167 (2022) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 26 km² ![]() | ||
Medición | 10 (![]() | ||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||
Altitude | 0 m ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 53990-000 a 53999-999 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Prefixo telefónico | 81 ![]() | ||
Código de concello do Brasil | 2605459 ![]() | ||
Sitio Ramsar | |||
Data | 25 de xaneiro de 2018 | ||
Identificador | 2333 | ||
Ben declarado patrimonio polo IPHAN | |||
Data | 22 de xuño de 2017 | ||
Sitio web | noronha.pe.gov.br ![]() |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6b/Fernando_de_Noronha_-_dois_Irm%C3%A3os_-_praia_do_sancho.jpg/250px-Fernando_de_Noronha_-_dois_Irm%C3%A3os_-_praia_do_sancho.jpg)
Fernando de Noronha é un arquipélago brasileiro formado por 21 illas e sito no océano Atlántico, ao leste do Estado do Río Grande do Norte. A illa principal, chamada Illa de Fernando de Noronha, ten uns 17 km² e fica a 545 km de Recife e a 360 km de Natal, capital do Río Grande do Norte. Só a illa principal está poboada, e só por uns 2500 habitantes. Gobérnaa un administrador designado pola administración do Pernambuco, á que pertence.
O arquipélago sitúase na coordenada 3°54′S - 32°25′W, ou sexa, próximo á liña do Ecuador. Como non ten grandes montañas que sirvan como barreiras ás nubes, cae pouca chuvia e, así, o seu clima é semiárido. O punto máis alto do arquipélago, o Morro do Pico na illa principal, ten unha altura de 321 m.
As illas espertan o interese de ecoturistas e mergulladores, polas súas praias de augas limpas, poboadas por rica fauna mariña (destacando os golfiños e as tartarugas mariñas que poñen os seus ovos na illa). Pero as visitas están controladas polo goberno: cada turista paga un imposto por acceder ao arquipélago, que medra con cada día adicional de visita. Ese imposto destínase a traballos de pescuda e conservación. Vivir na illa só lles está permitido ás persoas que naceron nela, ou que casaron aló.
A illa foi descuberta, probablemente, por Gaspar de Lemos en 1500 ou por unha expedición da que Ignacio Leite erroneamente asignou o mando a Fernando de Noronha, en 1501 - 1502. Porén, o primeiro en describila foi Américo Vespucio, que tomou parte na expedición de Gonçalo Coelho.
A designación do arquipélago provén, con todo, o nome do primeiro propietario da capitanía hereditaria, despois da doazón de D. Manuel I o 16 de marzo de 1504 a Fernando de Noronha.
As illas foron invadidas varias veces, principalmente en 1534 polos ingleses, de 1556 ata 1612 polos franceses, en 1628 e 1635 polos holandeses, volvendo ó control portugués en 1700, para ser de novo conquistada polos franceses en 1736 e definitivamente ocupada polos portugueses en 1737.
O territorio de Fernando de Noronha foi creado o 9 de marzo de 1942 desmembrado do estado de Pernambuco. A entidade administrativa durou 46 anos, sendo extinta o 5 de outubro de 1988 e reincorporada ao seu estado de orixe.
Antes de tornarse o paraíso turístico e ecolóxico da actualidade, o arquipélago foi lugar de detención de condenados enviados a cumpriren pena no presidio alí existente, que funcionou de 1737 a 1942, de 1938 en diante só para presos políticos do Estado Novo.
Unha reportaxe da revista O Cruceiro, de 2 de agosto de 1930, describe o presidio como pantasma infernal para eses proscritos da sociedade, que vivían completamente alleos ao que pasaba no resto mundo, a pesar de que o Goberno proporcionaba aos presos unha vida saudable de traballo e de confort (Fonte: O Cruceiro, ed. 2 de agosto de 1930).