Fila (empresa) - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Fila | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | Roupa deportiva |
Fundación | 1911 |
Localización | Biella, ![]() (1911-2007) ![]() |
Fundador | Giansevero Fila |
Persoas clave | Yoon Keun-chang (CEO) |
Industria | Téxtil |
Produtos | Roupa e calzado deportivo |
Na rede | |
fila.com… ![]() | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fila é unha compañía italiana de roupa deportiva fundada en Biella (Piemonte, Italia) no 1911.[1] Dende 2007, a sede está en Seúl e é unha filial de Fila Korea.
Fila fundouse en Biella (Piamonte, Italia) da man de Giansevero Fila no 1911. Orixinalmente fabricaba roupa para os habitantes dos Alpes italianos e actualmente fabrica roupa deportiva masculina, feminina, para nenos e para atletas.
O produto estrela da compañía era orixinalmente roupa interior, antes de adicarse á roupa deportiva nos anos 1970, que comezou servindo de auspiciador para o tenista sueco Björn Borg.
A compañía italiana que controlaba a empresa, Holding di Partecipazioni, vendeuna ao hedge fund estadounidense Cerberus Capital Management no 2003, despois de que a compañía se comprometese a unha campaña de patrocinio importante en atletismo, cando a situación financeira era difícil. Cerberus era propietaria de Fila a través do holding Sports Brands International, que era propietaria e operadora de tódolos negocios de Fila en todo o mundo, agás Fila Korea, que sempre foi unha compañía independente que operaba coa marca baixo licenza.
En xaneiro de 2007, a marca global de Fila foi adquirida por Fila Korea, filial que sempre foi independente, por 400 millóns de dólares, o que a fai a primeira compañía de deportes de Corea.
Fila comprou ao fabricante de equipamento de golf estadounidense Acushnet no 2011, incluíndo a marca Titleist.
- Athletic Football Club Bournemouth [Cómpre referencia]
- Morecambe Football Club [Cómpre referencia]
- Oldham Athletic [Cómpre referencia]
- Rochdal [Cómpre referencia]
- ↑ "History". fila.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05-10-2017. Consultado o 20-6-2019.