Fontvieille, Mónaco - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | Mónaco | ||
Commune of Monaco (en) ![]() | comuna de Mónaco ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 0,329516 km² ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Creación | 1981 ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 98000 ![]() | ||
ISO 3166-2 | MC-FO ![]() | ||
Fontvieille é un dos dez barrios do principado de Mónaco. É unha área recentemente construída sobre uns terreos gañados ao Mediterráneo durante os anos 70. Ten unha poboación de 3.300 habitantes nunha área de 0.32 km².
En Fontvieille sitúase o Stade Louis II, que serve como estadio do AS Monaco FC, club de fútbol que xoga Ligue 1 de Francia; no estadio atópanse as oficinas da International University of Monaco (IUM). O estadio tamén alberga a Supercopa de Europa de fútbol, un evento anual entre os gañadores das dúas principais competicións da UEFA, a Champions League e a UEFA Cup. O distrito dispón dun heliporto, provisto de frecuentes ligazóns co aeroporto de Niza na veciña Francia, desde a cal se ten conexións directas a Nova York, Londres e outros importantes destinos de Europa.