Francisco Barros Cascallar - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1931 ![]() Pontecesures, España ![]() |
Morte | 3 de outubro de 2014 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | impresor, escritor ![]() |
Pseudónimo literario | Chankecham ![]() |
![]() ![]() |
Francisco Barros Cascallar, coñecido como Chankecham, nado en Pontecesures en 1931 e finado o 3 de outubro de 2014,[1] foi un zapateiro, impresor e escritor galego.
Zapateiro de profesión. De formación autodidacta, mercou en Madrid os seus primeiros libros, que viaxaron con el nunha maleta, primeiro ao Brasil en 1956, e despois no retorno a Galicia en 1968. Publicou o seu primeiro libro, Lira celta (1964), con prólogo de Ángel Nieto Vicente, na Casa de Galicia de São Paulo. A súa obra literaria consta de cantigas e odas poéticas, e ensaios literarios de carácter político como Galitopia e Viagem ao fim dos tempos.
Fixo unha "reinvención" da imprenta de Gutenberg, construíndo unha prensa e un tórculo, labrando a man os tipos, fabricando rodetes, calibradores e outros instrumentos de impresión, e estampando curtas tiraxes de cada un dos títulos, facendo deles uns incunables contemporáneos. Participou na candidatura de Unidade Galega ás eleccións xerais de 1979.[2]
- No jardim das pedras, 1986.
- O livro dos samarúas, 1987.
- O laio de Tantotem, 1988.
- Galitopia, 1990.
- JN, o fantasminha camarada, 1991.
- Cantigas de escarnho, 1992.
- Requiem por um sonho nâo nato, 1993.
- Livro do desespero, 1995.
- Viagem ao fim dos tempos, 1999.
- ↑ Un exemplo para imitar
- ↑ La Voz de Galicia, 1-2-1979, p. 28.