Galacia - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | ||
---|---|---|
| ||
Capital | Ancyra (en) ![]() ![]() | |

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século III a.C., seguindo a invasión celta dos Balcáns no 279 a.C.. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.
Galacia estaba delimitada ó norte por Bitinia e Paflagonia, ó leste por Ponto e Capadocia, ó sur por Cilicia e Licaonia, e ó oeste por Frixia. A súa capital era Ancyra (i.e. Ancara, a capital de Turquía).
- Gálatas celtas (en inglés)
- Mapa detallado dos asentamentos celtas de Galacia Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- UNRV.com: Galacia (en inglés)