Golfo Pérsico - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(fa) خلیج فارس (ar) الخليج العربي ![]() | ||
Tipo | mar Golfo ![]() | |
---|---|---|
Parte de | Océano Índico ![]() | |
Localización | ||
País da cunca | Irán, Iraq, Kuwait, Bahrain, Qatar, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos e Omán ![]() | |
| ||
Afluentes | Chatt al-Arab (pt) | |
Características | ||
Profundidade | 90 m ![]() | |
Dimensións | 989 (![]() | |
Punto máis baixo | valor descoñecido ![]() ![]() | |
Superficie | 251.000 km² ![]() | |
Medicións | ||
Salinidade | 41 ‰ ![]() | |
O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.
Trátase dun mar interior con preto de 233 000 km2, ligado ao Mar da Arabia ao leste polo Estreito de Ormuz e polo Golfo de Omán, e co seu límite a oeste marcado polo delta de Shatt al-Arab, chamado Arvand-Rood polos iranianos, onde desaugan os ríos Éufrates e Tigris.
Países con litoral bañado polo Golfo Pérsico, en orde horaria, son: Irán, Arabia Saudita, Qatar (que ocupa unha península avanzada sobre o golfo), Bahrain (unha illa no golfo), Kuwait, Iraq, e Irán. O Golfo Pérsico e as súas áreas costeiras son a máis rica e máis usada fonte de petróleo; as industrias derivadas da extracción e refino dominan a rexión. Existen diversas illas no golfo, algunhas das cales son contestadas por estados veciños.
O nome Golfo Pérsico foi emprestado de numerosas linguas antigas (inclusive o grego), utilizado amplamente desde a Antigüidade con orixe na nación-estado de Persia (actual Irán). A mediados da década de 1960, co xurdimento do nacionalismo árabe, os países da rexión pasaron a chamalo "Golfo de Persia". Irán, entón, enviou dúas peticións para as Nacións Unidas (en 1971 e 1984) esixindo o recoñecemento oficial da rexión como Golfo Pérsico. A maioría dos países denomina a rexión Golfo Pérsico, pero algúns países árabes usan o nome "Golfo de Persia" ou simplemente "O Golfo".