Gran Pirámide de Gizeh - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Pirámide de Gizeh | ||
---|---|---|
![]() | ||
Tipo | pirámide de caras lisas, xacemento arqueolóxico, Marabilla do Mundo Antigo, atracción turística, Pirámides de Exipto e tumba ![]() | |
Parte de | Necrópole de Gizeh e Sete marabillas do mundo ![]() | |
Estilo | arquitectura do antigo Exipto ![]() | |
Localización | ||
Localización | Gizeh ![]() | |
Altitude | 95 m ![]() | |
| ||
Estado | Exipto | |
Gobernación | Governación de Guiza ![]() | |
Construción | ||
Fundación | 2560 a. C. ![]() | |
Material usado | calcaria e granito ![]() | |
Dimensións | ||
Altura | 137,5 m e 146,7 m ![]() | |
Volume | 2.583.283 m³ ![]() | |
Superficie | 53.061,12 m² ![]() | |
Implicados | ||
Arquitecto(s) | Hemiunu (pt) ![]() ![]() | |
Encargado por | Queops ![]() | |
[ Wikidata ] |
A Gran Pirámide de Gizeh é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundo. Os exiptólogos aceptan que a pirámide se construíu nun período de 20 anos, rematando ao redor do 2560 a.n.e.; hai un consenso grande de que a pirámide servía como tumba do faraón exipcio Queops (Khufu) da IV dinastía, polo que ás veces aparece coa denominación de Pirámide de Cheops[Cómpre referencia]. Considérase a Hemiunu como o arquitecto da pirámide. A Gran Pirámide, a maior das 80 de Exipto, está constituída por ao redor de 2 600 000 bloques de pedra cun peso medio de 2,5 toneladas por bloque,[1] aínda que algúns deles chegan ata as 60 toneladas de peso.[2] Orixinalmente, estaba recuberta por uns 27.000 bloques de pedra branca calcaria puídos, creando así catro caras perfectamente lisas que reflectían os raios do sol. Os turcos otománs utilizaron o revestimento da pirámide para construír diversas edificacións no Cairo.[2] A Gran Pirámide foi a estrutura máis alta realizada polo ser humano ata a construción da Torre Eiffel en 1889.
|
![]() |
-
Bloque de granito, selando o acceso.
-
Gran Galería.
-
Cámara da Raíña e nicho.
-
Cámara do Rei.
-
Acceso á Antecámara.
-
Gran Galería.
-
Cámara da Raíña.
-
Cámara do Rei e Cámaras de descarga.
- ↑ Construcción de la Gran Pirámide. Egiptologia.com.
- ↑ 2,0 2,1 Cinco datos sorprendentes sobre las pirámides de Guiza. www.20minutos.es.