Granada - Wikipedia, a enciclopedia libre
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||
Provincia | Provincia de Granada ![]() | ||
Capital de | Provincia de Granada (1833–) | ||
Capital | Cidade de Granada ![]() | ||
Contén a división administrativa | |||
Poboación | |||
Poboación | 232.717 (2024) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 88,02 km² ![]() | ||
Bañado por | Río Darro ![]() | ||
Altitude | 693 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Datos históricos | |||
Evento clave
| |||
Santo padrón | Cecilio de Elvira e Nosa Señora das Angustias ![]() | ||
Organización política | |||
• Alcaldesa ![]() | Marifrán Carazo (2023–) ![]() | ||
Membro de | |||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 18001–18015, 18182 e 18190 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Código INE | 18087 ![]() | ||
Outro | |||
Irmandado con | Aix-en-Provence (1979–) | ||
Sitio web | granada.org ![]() | ||
![]() |
Granada é unha cidade española, capital da provincia homónima, no territorio histórico de Granada, en Andalucía. Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 232.717 habitantes e de 544.000 na súa área metropolitana que se estende pola Vega de Granada. Está situada aos pés de Serra Nevada, na confluencia dos ríos Genil, Darro e Beiro, cunha altitude media de 700 m sobre o nivel do mar. Ao bordo dunha fértil planicie, a Veiga de Granada, que está rodeada por tres macizos montañosos.
Foron os zirís os que no século XI trasladaron a capital de Medina Elvira até Medina Garnata, nome que lle foi dado en referencia á froita do mesmo nome que abundaba naquela rexión.
Poboada desde tempos iberos ( século VIII a.C.) segundo parece co nome Ilturir, ten contacto coa cultura de Tartessos e cos pobos Bastetanos. Consérvanse restos de murallas defensivas do século VI a. C. do asentamento que cambiou o seu nome por Iliberri, que se mantén até a súa submisión aos romanos en 193 a.C.. Os romanos chamáronlle Iliberis.
A cidade forma parte do Reino Visigodo de Toledo até que en 711, Tarik somete Iliberis. En 713 Abdelaziz conquista definitivamente o territorio despois de sufocar unha rebelión. En 740 hai unha rebelión dos bérberes africanos. Tropas sirias acoden a loitar contra eles. En España conseguen vencer os sirios. Outórganselles terras en varios lugares, entre outros en Elvira. En 756, a poboación moura defínese no asentamento de dous núcleos (é a época do Emirato Independente): o Albaicín e a Alhambra.
Foi un importante centro urbano de Al-Andalus, formou parte do Califato de Córdoba como Madina Ilbira ou de Elvira. Coa chegada dos zirís no século XI, trasládase a cidade desde Medina Elvira —no chan— até Medina Garnata —nos outeiros—, o seu primitivo e actual localización na aba do Albaicín.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c6/Vista_de_la_Alhambra.jpg/250px-Vista_de_la_Alhambra.jpg)
En 1010 produciuse a destrución da cidade, feito que xa se coñece como Garnata. Sucede un período de continuas guerras civís por acadar o trono. En 1013 chega ao poder a dinastía dos zirís, fundada por Zawi ben Ziri, procedente de África. Continúan as guerras por conseguir o poder. En 1035 é xa un Reino de Taifas. En Granada a maioría son bérberes. Despois ven a dominación dos almorábides e hai moitas loitas internas. A pesar disto, o desenvolvemento continúa. En 1146 chaman na súa axuda, e para a loita contra os reinos cristiáns, aos almohades. Granada segue desenvolvéndose en boa medida. A batalla das Navas de Tolosa significa un desastre para os almohades e como consecuencia desenvólvese unha grande anarquía. Até que no ano 1232 entra en Granada pola Porta de Elvira e para ocupar o Palacio do Galo do Vento (antiga casa real), Mohamed ibn Yusuf ibn Nâzar (ou Nasr), chamado Alhamar (o Roxo, porque tiña a barba de cor roxa). Funda a dinastía Nazarí e o Reino de Granada. Houbo 20 sultáns granadinos desta dinastía. O último foi Boabdil.
Granada converteuse nunha das cidades máis prósperas de Europa. Baixo o reinado de Alhamar construíuse o Palacio da Alhambra (non o que vemos agora porque o seu aspecto actual débese a Iusuf I e Mohamed V, século XIV).
No Albayzín vivían os artesáns e a nobreza. A poboación ocupou a parte máis baixa cara ao sur, con grandes industrias, alfándegas e a "Madraza" (Universidade relixiosa e de ensinanzas coránicas).
No Realexo vivía o barrio xudeu. Tiñan unha base sólida e económica. Estes tiñan o seu barrio granadino na banda esquerda do río Darro. Foron identificados como "Garnata al-Yahud". Cando chegaron os reis cristiáns, renomeárono co nome actual do Realexo. O máis significativo que ten o barrio é o Campo do Príncipe, mandado construír polos Reis Católicos para o gozo das festas do seu fillo "Juan", aínda que a súa vida foi curta e non se puido gozar nada.
O clima de Granada é mediterráneo continental. As temperaturas son frescas no inverno, con abundantes xeadas, e temperadas no verán, con máximas que superan moitas veces os 35 °C. A oscilación térmica é moi alta durante todo o ano superando moitas veces os 20º nun día. As precipitacións son escasas e prodúcense sobre todo nos meses máis fríos, presentando unha forte seca estival.
1971-2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xuñ | xul | ago | set | out | nov | dec | Media |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temp. máxima (°C) | 13,0 | 15,3 | 18,6 | 20,1 | 24,6 | 30,0 | 34,4 | 33,9 | 29,4 | 22,7 | 17,2 | 13,5 | 22,8 |
Temp. mínima (°C) | 0,3 | 1,8 | 3,4 | 5,6 | 9,0 | 12,9 | 15,2 | 15,0 | 12,4 | 8,2 | 4,2 | 1,8 | 7,5 |
Precipitacións (mm) | 41 | 38 | 30 | 38 | 28 | 17 | 4 | 3 | 16 | 42 | 48 | 56 | 357 |
As temperaturas máximas de Granada foron os 42,6º do 22 de xullo de 1995, 41,6º do 2 de agosto de 1988 e 41,5º do 27 de xuño de 2004. Canto á temperatura mínima, os -14,2º do 16 de xaneiro de 1987 e os -11,0º do 28 de xaneiro de 2005.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fe/Fachada_floreada_en_Granada.jpg/250px-Fachada_floreada_en_Granada.jpg)
En Granada encontramos a famosa Alhambra, unha fortaleza e palacio andalusí, declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO en 1984, xunto co Generalife e o barrio do Albaicín. Esta riqueza histórica, froito da tripla influencia musulmá, xudía e cristiá, fan de Granada un importante centro turístico e cultural de España.
A Universidade de Granada, fundada por Carlos I en 1531, é unha das máis prestixiosas do país, e dálle á cidade un ambiente estudantil e a súa popular vida nocturna. Ten case 60.000 estudantes (censo universitario das eleccións a reitor do ano 2003).
San Cecilio é o patrón da cidade de Granada. A súa onomástica é o 1 de febreiro. Foi bispo de Granada e mártir no século I.
A mediados do século XIII, cando Fernando III o Santo conquistou Córdoba e Sevilla, os artistas musulmáns refuxiáronse en Granada e norte de África. Os seus descendentes e a súa tradición deron forma ao estilo granadino que na Alhambra é a culminación da arte árabe do norte que non se realizou até mediados do século con Iusuf I e Mohamed V en 1333 e 1354. Granada non ten arte califal que sexa anterior aos alhamares.
Está situada ao oeste da catedral, fronte á súa fachada principal. O seu nome debese ás mulleres procedentes da comarca do Pas, en Cantabria, que chegaron durante o século XVII e que se reunían nese lugar para ofrecer os seus servizos de nodrizas. Despois da guerra dos mouriscos e a súa expulsión, Filipe III concedeulles a estas xentes do norte de España, terras para repoboar a zona das Alpujarras e Granada, lugares que naquel entón ficaran bastante desertos. É por isto polo que a maioría dos actuais granadinos procedan de galegos, cántabros, vascos, navarros e aragoneses, a diferenza dos andaluces occidentais, que son descendentes de leoneses, casteláns e manchegos.
Por orde cronolóxica:
- José Tripaldi Herrera (1923)
- Luis Fajardo Fernández (1934)
- Manuel Fernández Montesinos (1934-1936)
- Miguel del Campo Robles (1936-1938)
- Antonio Gallego Burín (1938-1940)
- Acosta Inglós (1940-1941)
- Antonio Gallego Burín (de novo, 1941-1951)
- Juan Ossorio Morales (1951-1953)
- Manuel Sola Rodríguez-Bolívar
- José Luis Pérez-Serrabona y Sanz
- Antonio Morales Souvirón
- Antonio Camacho (1979)
- Juan Tapia Sánchez (1979)
- Antonio Jara Andreu (1979-1991)
- Jesús Quero Molina (1991-1995)
- Gabriel Díaz Berbel (1995-1999)
- José Enrique Moratalla Molina (1999-2003)
- José Torres Hurtado (2003-2016)
- Francisco Cuenca Rodríguez (2016-2019)
- Luis Miguel Salvador García (2019-2021)
- Francisco Cuenca Rodríguez (de novo, 2021-2023)
- María Francisca Carazo Villalonga (dende 2023)
- Concello de Granada
- www.granadatur.com
- Guía de Granada
- 'Granadacultural.info' Información sobre Granada, inclúe máis de 600 enlaces
- Granada en la red Arquivado 28 de agosto de 2005 en Wayback Machine. Portal de noticias, información e xeral sobre a cidade.